Seguimos descubrindo a obra de Carlos Casares. Despois de Toribio coñecemos a Lolo, e tamén nos gustou, moito, e nos fixo falar de bicis e de...trasnadas. Está claro que sabemos moito das dúas cousas. :-)
Para ver canto sabedes sobre a historia de Lolo entrade neste novo paquete de actividades do Seminario Galán sobre Carlos Casares, desta vez sobre a súa obra.
luns, 22 de maio de 2017
Lolo anda en bicicleta
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Carlos Casares,
lecturas,
lemos,
Letras Galegas
venres, 19 de maio de 2017
Concerto do XIV Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo
Mañá celébrase o XIV aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo e que mellor xeito de facelo que cun concerto? Será un concerto especial, presentación dun disco que acaban de gravar, Unha noite de amor con Lela. Nós, que participamos no concurso de carteis para anunciar o aniversario, non podemos faltar, é unha ocasión estupenda para escoitar boa música, que tanto nos gusta. Xa sabedes, ás 9 e media da noite na Praza Castelao. Non faltedes!
Mochila Viaxeira para Lola
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Mochilas Viaxeiras
martes, 16 de maio de 2017
O meu chapeu
O Festival das Letras
Onte celebramos o Festival das Letras, que organizan o Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Música. Encheouse o auditorio de cantigas, unha mostra do moito que traballades e aprendedes nas clases de Música. Noraboa, artistas!
![]() |
Preparad@s, |
![]() |
List@s, |
![]() |
Cantando! |
![]() |
Artistaz@s! |
![]() |
Segundo |
![]() |
Terceiro |
![]() |
Cuarto |
![]() |
Quinto |
![]() |
Sexto |
Etiquetas:
Carlos Casares,
Letras Galegas,
música
Este é Toribio
Este é Toribio, o de Carlos Casares, non o do noso entroido.
E estes son os inventos que máis nos
gustaron: o Lapis Ladrón, a Goma de Borrar Disparates, o Lingú, a
Pantalla Universal Chismorrosa, O Lapis das cousas imposibles e o
Telebrazo Global Laserizado.
E xa temos unha chea de inventos novos a dar voltas nas nosas cabezas. Seguiremos informando...
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Carlos Casares,
lecturas,
Letras Galegas,
Plástica
Letras Galegas
Estivemos moi atarefados estes días a voltas coas letras... as Letras Galegas.
As nosas letras, cheas de cor e de vida ambientan a entrada da escola.
As nosas letras, cheas de cor e de vida ambientan a entrada da escola.
Etiquetas:
Carlos Casares,
creamos,
Letras Galegas,
Plástica
luns, 15 de maio de 2017
Aniversario de Diego
Hoxe é o aniversario de Diego, 7 anos! Outro mozo na clase :-)
Celebrámolo cunha riquisima torta de chocolate e galletas que nos trouxo Diego, da que non quedou nada, nadiña. Menuda panda de lambóns hai en Primeiro!
Celebrámolo cunha riquisima torta de chocolate e galletas que nos trouxo Diego, da que non quedou nada, nadiña. Menuda panda de lambóns hai en Primeiro!
MOITOS PARABÉNS, DIEGO!!!
E moitas grazas pola torta, estaba de lamber os dedos.
![]() |
xoves, 11 de maio de 2017
Toribio
Estamos lendo a serie Toribio de Carlos Casares. Toribio é un neno de oito anos que fai inventos moi inxeniosos e que ten un inimigo malvado, o profesor Smith. Estamos lendo os cinco libros que forman a serie e descubrindo unha chea de inventos e ideas moi orixinais e divertidas. Toribio mola!
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Carlos Casares,
lemos,
Letras Galegas
domingo, 7 de maio de 2017
Mochila Viaxeira para Diego
martes, 2 de maio de 2017
Letras Galegas 2017: Carlos Casares
Comezamos maio, o mes das nosas Letras e comezamos a descubrir a figura e a obra do autor homenaxeado este ano: Carlos Casares. Como cada ano, contamos, entre outros, cos excelentes materiais do Seminario Galán, ao que agradecemos o seu traballo para difundir nos centros de ensino as figuras conmemoradas nas Letras Galegas. Enlazamos as súas actividades LIM sobre a biografía de Carlos Casares. Demostrade o moito que sabedes sobre o escritor!
Etiquetas:
Carlos Casares,
lemos,
Letras Galegas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)