A Biblioteca fíxonos un agasallo na última semana de trimestre, unha cámara feita na impresora 3D. Estivemos vendo como funciona e como se fan os deseños no ordenador e despois recibimos un paquete con cámaras para tod@s. Son para levar na mochila, no estoxo, poñer na árbore de nadal... Gustáronnos moito, son moi chulas!
venres, 29 de decembro de 2017
Cámaras de cine en 3D
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
cine,
impresión 3D
mércores, 27 de decembro de 2017
O Pequeno Circo de Nadal en Rianxo
Hoxe comezan as actividades do Pequeno Circo de Nadal na carpa que está Praza do Concello en Rianxo. Aquí tedes a programación, hai moito onde escoller.
martes, 26 de decembro de 2017
Mochila Viaxeira no Nadal
Con estes días de chuvia e temporal a Mochila Viaxeira que levou Breixo para casa seguro que está a ser unha boa compaña. 😄
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Mochilas Viaxeiras
Animais de Compañía
Na última semana de trimestre contamos Animais de Compañía de Manuel Lourenzo nos contacontos dos recreos da BBS. Foi unha versión para Kamishibai que elaboramos nas clases de Valores Sociais e Cívicos.
Animais de compañía from Brea Segade on Vimeo.
Animais de compañía from Brea Segade on Vimeo.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
contacontos,
contos,
creamos,
Valores Sociais e Cívicos
luns, 25 de decembro de 2017
Bo Nadal!
Segundo deséxavos:
BO NADAL!
![]() |
Cada libro aberto é unha invitación á imaxinación, tamén no Nadal. Quentin Blake |
Cantando as Prosas do Nadal
O 21 de decembro todo o colexio saíu cantar as Prosas do Nadal. Entrade no blogue da Biblioteca Brea Segade para ver a reportaxe completa.
Etiquetas:
música,
Nadal,
O Araño,
Taragoña,
tradición oral
Xornal BBS
Somos xornalistas!
Aquí tedes o último número do Xornal BBS.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
creamos,
Rianxo,
xornal
Tempo de acivros, tempo de libros
Powered by
Issuu
Publish for Free
mércores, 20 de decembro de 2017
Aniversarios de Noela e Laura
Agora si, as dúas máis pequenas da clase xa son unhas mozas de sete anos. Con cinco días de diferenza Noela e Laura estiveron de aniversario. Aquí as tedes despois de turrarlles das orellas e cantarlles o Parabéns.
Parabéns!!
luns, 11 de decembro de 2017
Cos lectores electrónicos
Levamos unhas semanas probando os lectores electrónicos da Biblioteca Brea Segade. Teñen un montón de libros dixitais cargados e de momento estamos aprendendo a usalos: a buscar e escoller libro, pasar páxinas, cambiar o tamaño da letra... Estannos gustando moito!
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
lectores electrónicos,
lecturas,
lemos
sábado, 9 de decembro de 2017
mércores, 6 de decembro de 2017
Mochila Viaxeira para Dani
Dani marchou cargado para esta ponte: libros e pelis para gozar en familia nestes días libres. Que sortaza!
Etiquetas:
BBS,
lecturas,
lemos,
Mochilas Viaxeiras
domingo, 3 de decembro de 2017
Mozambique
A tarde do mércores visitounos Uxía Cespón, unha traballadora do concello de Rianxo que nos veu falar de Mozambique. Ela estivo pasou alí o seu mes de vacacións traballando nunha vila pequena e descubrindo como é a vida nese país africano. Contounos un conto sobre un neno que coñeceu alí, falounos de como son as casas, a escola, os animais... Ensinounos un coche de xoguete, un instrumento e teas que se chaman capulanas. Deixounos preguntar un montón de cousas e nós aproveitamos, era a primeira vez que falabamos con alguén que estivera en África. Gustounos moito! Grazas, Uxía!
Etiquetas:
África,
Mozambique,
Sociais,
Valores Sociais e Cívicos
O castelo da Lúa

Despois fomos fixándonos nas laxes adicadas aos escritores rianxeiros: Castelao, Rafael Dieste, Manuel Antonio e,xa douttro lado do río, en Taragoña, Xosé Mª Brea Segade.
No Castelo da Lúa está traballando un equipo de arqueólogos, reconstruíndo parte do edificio coas pedras que aínda se conservan. Tivemos a sorte de que Mario Vilña, o director do proxecto, nos falara dos traballos que están a facer. Con el descubrimos como era o foso do castelo, que había un forno para cerámica, unha torre de homenaxe, un pequeno porto... Ensinounos restos de cerámica e demos toda a volta ao castelo. Foi moi interesante! Grazas, Mario!
Para saber máis sobre como foi o Castelo da Lúa, de que época é, que restos se atoparon, quen se cre que viviu nel... podemos entrar nesta páxina do Concello de Rianxo:
Etiquetas:
arqueoloxía,
Castelo da Lúa,
historia,
lecturas,
lemos,
Rianxo,
saídas,
Sociais
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)