Carmela, a profe que estivo con nós durante case dous meses, non volverá despois da Pascua, ten que continuar cos seus estudos en Santiago, así que a despedida do trimestre tamén foi a nosa despedida dela, un ata logo, porque xa sabe que pode voltar cando queira 😊
Graciñas, Carmela por todo o que compartiches con nós nestas semanas! 😘😘
martes, 27 de marzo de 2018
Despedímonos de Carmela
Xogos de xeometría
O venres, despedimos o trimestre cun circuíto de xogos de xeometría na biblioteca: sudoku, escornabots, xeoplano e tangram. Para poñer a proba o moito que aprendemos nestes meses 😉
![]() |
Xeoplano |
![]() |
Tangram |
![]() |
Sudoku xeométrico |
![]() |
Escornabots figuras xeométricas |
![]() |
Escornabots liñas |
Etiquetas:
Escornabots,
Matemáticas,
xeometría,
xogos
Mulleres de conto e de película
A nosa maqueta para o Salón do Libro xa está en Pontevedra. Despois de semanas de traballo na maqueta e nos libros, de ler, ver pelis e aprender moito sobre algunhas mulleres de conto e de película, mandamos a nosa cámara e os catro libros ao Salón. Teremos que agardar ata o día 10 de abril que será cando visitemos co colexio o Salón do Libro de Pontevedra, ou ir coas familias desde o día 6 de abril , que abre o Salón.
![]() |
Traballo feito! |
Etiquetas:
creamos,
lecturas,
lemos,
Salón do libro de Pontevedra
domingo, 25 de marzo de 2018
Mochila Viaxeira para Noela
A Mochila Viaxeira de 2º marchou de vacacións de Pascua a casa de Noela. Xa van quedando poucas casas por visitar, non desesperedes, logo irá visitar aos que faltan.
![]() |
Boas lecturas, Noela! |
Etiquetas:
BBS,
lecturas,
lemos,
Mochilas Viaxeiras
Día da Poesía
O 21 de marzo tamén é o Día da Poesía. Este ano participamos nun acto de celebración dos 90 anos da publicación do libro De catro a catro, do poeta rianxeiro Manuel Antonio. Aínda que non escribiu para nenos/as, escoitamos os seus poemas e descubrimos que falaba sobre todo do mar. Coas palabras que se repiten nos seus poemas preparamos follas de árbores autóctonas para pendurar das rúas de Rianxo. O xoves 22 de marzo fomos á vila a celebrar o Día da Poesía e a obra de Manuel Antonio pintando na rúa e recitando. Aquí tedes o vídeo que elaborou a Biblioteca Brea Segade sobre aesa mañá.
![]() |
Preparando as follas para decorar as rúas de Rianxo |
sábado, 24 de marzo de 2018
Na tele
O Canal Barbanza cubriu a plantación nas beiras do Té e entrevistou a Noa, Noela, Nerea e Adrián. Mirade que ben o fixeron:
Día dos bosques: plantación na contorna do Té
O mércores 21 participamos nunha plantación de árbores autóctonas organizada polo Concello de Rianxo. Fomos todo o cole e tamén nenos e nenas do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados, e do CEIP Castelao de Rianxo. Estivemos nas marxes do río Té, a carón do polígono industrial e entre todos plantamos máis de 160 árbores: carballos, freixos e castiñeiros.
Día dos bosques
Este foi o tema co que comezamos o Día dos Bosques, preparándonos para a plantación nas beiras do río Té.
Para escoitar a canción preme na imaxe de abaixo ou AQUÍ
Para escoitar a canción preme na imaxe de abaixo ou AQUÍ
Aniversario de Christian
Onte celebramos o aniversario de Christian que en realidade é hoxe. Outro mozo na nosa clase!
Christian trouxonos un biscoito de chocolate e Lacasitos riquísimo que devoramos nun viravira, como xa é habitual nos larpeiros e larpeiras de segundo 😜
Christian trouxonos un biscoito de chocolate e Lacasitos riquísimo que devoramos nun viravira, como xa é habitual nos larpeiros e larpeiras de segundo 😜
PARABÉNS CHRISTIAN!
e grazas polo biscoito!
![]() |
Mmmm! |
![]() |
Parabéns para ti....! |
domingo, 11 de marzo de 2018
Mulleres de cine
Neste mes de marzo estamos a investigar en todas as clases sobre mulleres que traballan no mundo do cine. Nós buscamos información sobre tres mulleres galegas: Chelo Loureiro, Emma Lustres e Diana Toucedo. No blog da biblioteca tedes maís información.
venres, 9 de marzo de 2018
Xeometría
Levamos unhas semanas a voltas coas figuras xeométricas, os ángulos, os vértices, as simetrías... A profe Carmela púxonos a traballas con pauciños, plastilina, regras... O que tal estamos a aprender!
Mochila Viaxeira para Nerea
Etiquetas:
lecturas,
lemos,
Mochilas Viaxeiras
domingo, 4 de marzo de 2018
Investigando sobre Alicia
Empezamos cun novo proxecto que dará lugar á nosa participación no Salón do Libro de Pontevedra deste ano. Mulleres de Conto é o lema e Alicia o centro do noso traballo. Seguiremos contando...
Etiquetas:
Alicia,
cine,
investigamos,
lecturas,
lemos,
proxectos,
Salón do libro de Pontevedra
Xogos matemáticos
O noso recuncho de xogos matemáticos recibiu esta semana algunhas novidades que xa puxemos en práctica, xunto coas que xa coñeciamos que seguen molando moito.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)