martes, 25 de outubro de 2016

É tempo de Samaín!

No cole xa estamos rodeados de cabazas, morcegos, bruxas, esquetelos, fantasmas... ´Tempo de medo, é tempo de risas.

Xa chegou o Samaín!



Para bailar e cantar: No Samaín de Paco Nogueiras, no seu álbum Brinca Vai!



domingo, 23 de outubro de 2016

Xosé Mª Brea Segade en Isorna

Xusto antes de xantar no souto de Isorna, todos os cursos recitamos algúns poemas. Nós escollemos a Xosé Mª Brea Segade, os outros cursos ao poeta de Isorna, Faustino Rei Romero. 
Aquí nos tedes ensaiando na clase e recitando no souto, diante de todo o colexio... 
Que nervios@s estabamos! :-)




sábado, 22 de outubro de 2016

Saída a Isorna

O mércores 19 de outubro tivemos a nosa primeira saída no Brea Segade. Fomos xunt@s, todo o colexio, de descuberta á parroquia de Isorna. Vimos muíños, cruceiros, horreos, o río Ulla, a aldea e a escola de Quintáns, construcións medievais... Gustáronnos especialmente os coellos e o pucho que atopamos nunha casa. E comer e xogar xuntos no souto. Foi un día xenial.

Vede AQUÍ unha reportaxe en imaxes, o ábum da saída a Isorna :-)



sábado, 15 de outubro de 2016

Lecturas para aquelArte

Este é o lema da Biblioteca Brea Segade para este curso:

http://www.blogoteca.com/bbs/index.php?cod=142837


Imos traballar e aprender sobre arte: pintura, escultura, arquitectura, fotografía, cine...
Na nosa primeira visita á biblioteca escoitamos O cadro máis bonito do mundo de Miquel Obiols e empezamos a coñecer a Joan Miró e a cinco manchas frescas e salvaxes.



Na clase quixemos saber máis sobre Miró e a iso andamos...






Seguiremos contándovos.

domingo, 9 de outubro de 2016

Xosé Mª Brea Segade

Estamos descubrindo quen foi Xosé Mª Brea Segade, a persoa que lle dá nome ao noso colexio. Xa sabemos que foi un poeta de Taragoña, así que empezamos a coñecer os seus poemas.










Aniversario de Sergio

Sergio fixo 6 anos o 6 de outubro :-)

Parabéns, Sergio! 


xoves, 6 de outubro de 2016

Outono

Non o parece, pero xa estamos no outono e na clase xa estivemos decorando.


















As normas da nosa clase

Estas son as normas que acordamos respectar na clase e no cole para que todo@s esteamos a gusto.









 

domingo, 2 de outubro de 2016

Na aula de informática

Pouco a pouco imos coñecendo os espazos comúns do cole. Esta semana fomos, por primeira vez, á aula de informática, e gustounos... moito. 




 

Dentes que caen

Nas poucas semanas que levamos xuntos xa tivemos dúas sorpresas, dous dentes que caeron e que foron dereitiños para o Rato Pérez. E agora na clase hai varios dentes a piques de caer e moitos movendo e removendo nos dentes frouxos para ver de "acelerar" a caída :-) 
Isto vai ser a clase dos fanados, veredes!

O dente de Gael



O dente de Hugo