Sara xa ten seis anos, o mesmo que Nerea, que tamén cumpriu a finais do mes pasado. Xa son unhas mozas!
Celebrámolo na clase cunhas madalenas riquísimas e moi chulas, envoltas en celofán de cores, que nos trouxo Sara. Que boas estaban! Graciñas!
xoves, 10 de novembro de 2016
Aniversarios
Samaín no Brea Segade
Foi o noso primeiro Samaín no Brea Segade. Empezamos a mañá cun tunel "terrorífico" e moitas risas. Despois puxeron a proba a nosa imaxinación creando robots cunhas pezas e materiais soltos. Nós de imaxinación andamos sobrad@s, vede, vede...
E despois do conto que nos contaron os de quinto e sexto xogamos no patio a bruxas, monstros, ogros... Aquí nos tedes, terrorífic@s :-)
E despois do conto que nos contaron os de quinto e sexto xogamos no patio a bruxas, monstros, ogros... Aquí nos tedes, terrorífic@s :-)
A bruxa regañadentes
O venres de Samaín viñeron contarnos un conto uns rapaces e rapazas de 5º e 6º. Era un conto de medo, A bruxa regañadentes, que representaron entre todos. Estivo xenial! Gustounos moito a bruxa.
Etiquetas:
BBS,
contacontos,
contos,
Samaín
No Samaín
No Samaín fixemos cabazas, arañas, debuxos de meeedo...
Decoramos o noso corredor, ademais da exposición de cabazas da entrada.
Decoramos o noso corredor, ademais da exposición de cabazas da entrada.
As nosas chapas da BBS
Para rematar outubro, o Mes das Bibliotecas, fixemos chapas, unha co logo da BBS e outra na que puidemos mostrar o artistaz@s que somos. :-) Despois, na biblioteca, usamos a máquina de facer chapas. Molou!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















































