Na entrada do colexio tivemos no mes de decembro unha exposición de libros e musica organizada pola Biblioteca Brea Segade, para que puideramos escoller os que máis nos gustaban e tamén pedir un libro como agasallo neste Nadal. Visitamos a exposición e cada quen de nós elixiu un libro de entre todos os expostos. Esas escollas pasámolas a uns robots que, xunto cos das outras clases, están expostos na entrada da biblioteca. Boas lecturas e boas historias para este Nadal... e para todo o ano.
luns, 26 de decembro de 2016
Kenqueoké?
O último martes do trimestre debutamos coma contador@s nos recreos da BBS. Escollemos Kenqueoké?, unha historia de marcianos escrita por José Parrondo. Foi divertido, estabamos nerviosos/as pero gustounos e pasámolo ben.
Entrade no blogue da biblioteca para ver reportaxe que publicaron.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
contacontos,
contos
martes, 20 de decembro de 2016
Personaxes máxicos de Nadal
Aquí tedes a presentación que estivemos utilizando ao longo do proxecto sobre os Personaxes máxicos do Nadal para que poidades compartila na casa e ensinar todo o que aprendemos.
luns, 19 de decembro de 2016
Volver a casa por Nadal
Para cantar e bailar...
domingo, 18 de decembro de 2016
The snowman
E como estamos falando de maxia no Nadal, esta semana vimos na clase unha das historias de Nadal con máis máxia, un clásico da literatura infantil inglesa que paga a pena coñecer. Aquí o tedes, para poder velo tamén en familia no tempo de Nadal.
The Snowman de Raymond Briggs.
The Snowman de Raymond Briggs.
Aniversario de Laura
Esta semana celebramos na clase o aniversario de Laura, que foi a última do grupo en cumprir seis anos. trouxónos un biscoito de amenda boísimo que desapareceu de contado.
Parabéns, Laura!
Graciñas polo biscoito! Riquísimo!
Befana, Jolasveinair e Olentzero
Esta semana continuamos descubrindo tradicións de Nadal en diferentes lugares do mundo: Italia, Islandia e País Vasco.
A bruxa boa italiana.
Os trolls enredantes islandeses.
O carboeiro das montañas vascas.
![]() |
| A Befana |
![]() |
| Jolasveinair |
![]() |
| Olentzero |
A bruxa boa italiana.
Os trolls enredantes islandeses.
O carboeiro das montañas vascas.
sábado, 10 de decembro de 2016
Tió de Nadal e Ded Moroz
Esta semana foi curtiña pero a nós deunos para vistar Cataluña e Rusia e aprender quen son o Tió de Nadal e o Ded Moroz e que tradicións hai ao seu redor.
![]() |
| Ded Moroz |
![]() |
| Tió de Nadal |
![]() |
| Os nosos Tiós de Nadal |
![]() |
| Andamos de viaxe polo mundo |
Personaxes máxicos de Nadal
Estas dúas últimas semanas andamos envolt@s nun novo proxecto. Estamos traballando sobre diferentes personaxes máxicos que son típicos desta época do ano en diferentes lugares do mundo. Todos eles/as son máxicos e tod@s dán agasallos aos nenos e nenas no tempo de Nadal.
Así empezamos a coñecelos, reconstruíndo as súas imaxes:
![]() |
| O Tió de Nadal |
![]() |
| A Befana |
![]() |
| O Olentzero |
![]() |
| O Apalpador |
![]() |
| Os Jovelasnair |
![]() | ||
| Os Reis Magos |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















































