xoves, 16 de febreiro de 2017

Avoa María

Mércores que vén imos a un concerto ao Auditorio de Rianxo. O Tempo dos Xogos é o nome do CD de Gabriel Riveiro e Ramón Raíndo no que se baseará o concerto.



Na clase estamos escoitando e aprendendo algunhas das cancións e estanos gustando moito, así que xa temos ganas de ir ao concerto.  
Aquí vai o vídeo do segundo tema, Avoa María. A ver se sabedes onde foi grabado o vídeo. Dalí son os músicos e quédanos ben cerquiña :-)



Mans á obra

Xa estamos en proceso cos nosos disfraces, de momento decorando os nosos petos.







Quero xamón

O prometido é débeda! Primeiro leva xa tempo agardando por esta canción no seu blogue e aquí está, para practicar ben practicado o X :-)
Quero xamón de Miguel Costas e Aerolineas Federales, un tema do Xabarin Club.
A cantar e bailar! 


sábado, 11 de febreiro de 2017

Asia

Aquí tedes o noso recuncho de obras de arte asiáticas. "Visitamos" India, China, Xapón, Arabia Saudí, Irán e Siria.
As nosas favoritas: o Taj Mahal na India, a Muralla chinesa, o santuario de Fushimi Inari e Kinkakuji, o templo do pabillón de ouro, en Xapón.












Parabéns, Adrián!

Hoxe é o aniversario de Adrián. Outro magallón de sete anos! Xa sodes 3!
Nós na escola celebrámolo onte. Cantámoslle, turrámoslle das orellas e comemos unhas riquísimas tartas de chocolate e galletas que prepararon na casa para compartir con nós.

Parabéns, Adrián!

Graciñas polas tartas e as xoaniñas, estaban "exquisitas" con X :-)

Parabéns para ti...


Mmmmm

Mmmmmm


Mmmmmmmm


Mmmmmmm
 

xoves, 9 de febreiro de 2017

Mochilas viaxeiras

As Mochilas viaxeiras seguen indo de casa en casa e xa van seis: Sergio, Dani, Lois, Hugo, Noela e esta semana tocoulle a Breixo.



Robots

Estamos traballando sobre robots, non habedes tardar en saber porque...
Esta semana descubrimos na BBS un libro que nos deixou coa boca aberta e que xa quedou na biblioteca da clase, para poder revisalo a gusto.
 

Quen dixo que os libros non se movían? Este si :-) 

O seguinte paso foi deseñar os nosos robots. Primeiro bocetos en papel que despois transformamos en figuras en plastilina. Que difícil facelos en plastilina seguindo o deseño!
Aquí os tedes, no noso recuncho robótico, debaixo do extintor, por se cobran vida e fixera falta "reducilos" :-) 






Mandalas

Traballando sobre arte e Asia tamén probamos a decorar mandalas e collímoslle gusto.
Mirade que bo traballo!




luns, 6 de febreiro de 2017

Galletas de Lanzarote

Laura xa veu de volta de Lanzarote. Ademais de contarnos o que fixo alí e o mque máis lle gustou, convidounos a probar unhas galletas típicas canarias que estaban riquísimas.  Viaxamos polo mundo coa arte e tamén coa comida ;-)
Graciñas, Laura!

Mmmmmmm!


domingo, 5 de febreiro de 2017

O mundo é arte

Estamos traballando nun novo proxecto: O mundo é arte, no que imos dar a volta ao mundo descubrindo algunhas das máis importantes manifestacións artísticas de cada un dos seis continentes. Imos centrarnos en escultura e arquitectura, aínda que tamén aproveitaremos para investigar e aprender máis cousas de cada continente.


 
Iniciamos a nosa viaxe en Asia: India, China, Xapón, Siria, Arabia Saudí e Irán.
Aquí estamos reproducindo con témperas os nosos monumentos favoritos.