A visita ao Salón do Libro ben merece unha reportaxe propia :-)
xoves, 16 de marzo de 2017
No Salón do Libro
Saída a Pontevedra
Aquí vai a primeira reportaxe fotográfica da saída do mércores.Comezamos a mañá descubrindo o casco vello da cidade coa axuda dun plano e asegurándonos de quitar unha foto de grupo en cada un dos lugares que viñan marcados. Comemos no parque da Xunqueira e pola tarde visitamos o Museo de Pontevedra, en concreto as salas de arqueoloxía e a sala Castelao.
Etiquetas:
Pontevedra,
saídas,
Salón do libro de Pontevedra
Co cociñeiro Martiño
Estivemos co cociñeiro Martiño! Iago López non tardou nin dous minutos en transformarse en Martiño e meternos de cabeza na súa historia. Gustounos moito, tanto ou máis que o libro.
Para ver a reportaxe completa entrade no blogue da biblioteca.
Para ver a reportaxe completa entrade no blogue da biblioteca.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
contacontos,
contos,
lemos
luns, 13 de marzo de 2017
Iago López
Mañá recibiremos na Biblioteca Brea Segade a Iago López, autor de O cociñeiro Martiño. A BBS preparou este tríptico con información e actividades para nós.
Etiquetas:
BBS,
contacontos,
contos,
lemos
Mochila viaxeira en marzo
Xa van oito afortunad@s que tiveron a Mochila Viaxeira na súas casas. Agora mesmo está con Nerea; aprovéitaa ben :-)
Etiquetas:
BBS,
contos,
lemos,
Mochilas Viaxeiras
domingo, 12 de marzo de 2017
Cociñamos
O cociñeiro Martiño deunos a idea.
O cociñeiro Martiño
Estes día temos pola clase a un "cociñeiro" que nos está contando as súas aventuras para converterse en cociñeiro real.
O martes coñeceremos a Iago López, o autor de "O cociñeiro Martiño", que nos contará máis historias sobre cociñas, receitas e cociñeiros.
O martes coñeceremos a Iago López, o autor de "O cociñeiro Martiño", que nos contará máis historias sobre cociñas, receitas e cociñeiros.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
cociña,
lemos,
receitas
Día da muller
O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller. Na nosa clase aproveitamos para falar do importantes que son as mulleres nas nosas vidas e do noso compromiso coa igualdade entre nenos, nenas, mozos, mozas, homes e mulleres, os 365 días do ano. É o xusto!
Decidimos mandarlle un "cariño especial" a algunha das nosas mulleres favoritas e puxémonos mans á obra.
domingo, 5 de marzo de 2017
O mundo que queremos
O vindeiro 10 de marzo abrirá as súas portas o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra co lema "O mundo que queremos"
O noso colexio participa como centro convidado, cunha maqueta que leva seis libros elaborados polas seis clases do centro, nos que falamos de como nos gustaría que fose o mundo. O venres despedímonos da maqueta antes de levala para Pontevedra. Entrade no blogue da biblioteca para ver a reportaxe completa da despedida.
O noso colexio participa como centro convidado, cunha maqueta que leva seis libros elaborados polas seis clases do centro, nos que falamos de como nos gustaría que fose o mundo. O venres despedímonos da maqueta antes de levala para Pontevedra. Entrade no blogue da biblioteca para ver a reportaxe completa da despedida.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
creamos,
Salón do libro de Pontevedra
O tesouro da nosa fala
"O tesouro da nosa fala" é o título do libro que a clase de 1º elaborou para a maqueta que o noso colexio levará este ano ao Salón do Libro de Pontevedra. Foron semanas de moito traballo; recollendo información das familias, escolléndoa, preparando as ilustracións e os textos, decorando... pero estamos content@s, gustounos o traballo e gustounos moito como quedou.
Elaborando o libro
![]() |
| Feito! |
Pintando para a maqueta
Etiquetas:
BBS,
creamos,
Salón do libro de Pontevedra
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





























