Mañá, venres, teremos a nosa primeira saída deste curso. Como xa é tradición, iremos camiñando a descubrir algún dos espazos ben fermosos que ten o noso municipio. Este curso quedamos na casa, subiremos ao Castro Barbudo, que xa había tempo que non o faciamos. Aquí tedes o tríptico informativo que enviamos ás casas o mércores.
Lembrade, vide preparad@s: calzado cómodo, mochila pequna, auga, algo para merendar e moitas ganas de pasalo ben!
xoves, 12 de outubro de 2017
As plantas de garavanzos
Chegou o día de pasar á terra as nosas sementes de garavanzo que xa xerminaran. Como, de momento, non imos facer unha leira de garavanzos para o cocido 😉, pasámolas a macetas con sustrato e deixámolas na horta do colexio, a ver como van. Seguiremos observándoas atentamente.
![]() |
| Aquí quedan, resgardadas do vento e dos balóns :-) |
Somos meniños e meniñas de libros
O noso primeiro día na biblioteca escoitamos A meniña de Libros de Oliver Jeffers e Sam Winston. Propuxéronnos ser nós tamén meniñ@s de libros e non o dubidamos.Aquí estamos, entre libros xigantes.
Para saber máis sobre os primeiroso días de volta na BBS entrade AQUÍ e AQUÍ.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
contos,
lecturas,
lemos
martes, 10 de outubro de 2017
Sergio
Xa temos outro mozo de sete anos na clase!
Sergio estivo de aniversario o venres e trouxo un biscoito riquísimo para celebralo.
Sergio estivo de aniversario o venres e trouxo un biscoito riquísimo para celebralo.
Parabéns, Sergio!
Graciñas polo biscoito, que ben nos soubo!
domingo, 8 de outubro de 2017
Eu son...
En Valores Sociais e Cívicos convertémonos en protagonistas das nosas propias curtas, aquí tedes o resultado: Eu son...
Estamos comezando, prometemos máis.😀
Activade o son na esquina esquerda do menú inferior pata vernos e escoitarnos.
Estamos comezando, prometemos máis.😀
Activade o son na esquina esquerda do menú inferior pata vernos e escoitarnos.
Etiquetas:
Nós,
Segundo,
Valores Sociais e Cívicos
mércores, 4 de outubro de 2017
El cazo de Lorenzo
Etiquetas:
animación,
cine,
curtametraxes,
igualdade,
Valores Sociais e Cívicos
La Tarara
Estamos lendo poemas de Federico García Lorca. "La Tarara" é unha canción de corro de finais do século XIX que el recompilou e gravou e que se fixo moi popular na época. Esta é unha versión moderna de Manolo Tena.
domingo, 1 de outubro de 2017
De película!
En Valores Sociais e Cívicos estamos empezando a facer proxectos de "mini películas" con nós como protagonistas. Traballamos sobre tiras de películas escollendo o que queremos contar sobre cada un de nós.
Etiquetas:
cine,
creamos,
Nós,
Valores Sociais e Cívicos
Agromando!
Esta semana tivemos novidades nos nosos experimentos:
Xerminaron os garavanzos... 😀
E as gallas están a dar raíces 🎉🎉
Xerminaron os garavanzos... 😀
E as gallas están a dar raíces 🎉🎉
Etiquetas:
ciencia,
experimentamos,
naturais,
plantas,
proxectos
Como está o galiñeiro!
Esta foi a nosa primeira lectura colectiva deste curso. Agora andamos ultimando os nosos traballos sobre Uxía, seu pai e as súas galiñas "especiais".
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
itinerarios lectores,
lecturas,
lemos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






































