sábado, 21 de outubro de 2017

O corpo

Comezamos a traballar sobre o corpo humano e botamos man dunha canción do álbum Canta connosco dos Migallas, que nos está axudar a aprender os nomes dos ósos mentres cantamos e bailamos.
Aquí tedes unha versión en vídeo feita, xa hai uns anos, por nenos e nenas de 2º de Primaria de Ordes, do CEIP A.D.R. Castelao.



A cantar e bailar!

domingo, 15 de outubro de 2017

Subida ao Castro Barbudo

Aquí tedes unha pequena mostra en imaxes da saída do venres. Tivemos todo a favor: bo tempo para camiñar, un espazo fermosísimo que descubrir ou redescubrir, boa compaña... Así dá gusto!

xoves, 12 de outubro de 2017

Imos de camiñata!

Mañá, venres, teremos a nosa primeira saída deste curso. Como xa é tradición, iremos camiñando a descubrir algún dos espazos ben fermosos que ten o noso municipio. Este curso quedamos na casa, subiremos ao Castro Barbudo, que xa había tempo que non o faciamos. Aquí tedes o tríptico informativo que enviamos ás casas o mércores. Lembrade, vide preparad@s: calzado cómodo, mochila pequna, auga, algo para merendar e moitas ganas de pasalo ben!


As plantas de garavanzos

Chegou o día de pasar á terra as nosas sementes de garavanzo que xa xerminaran. Como, de momento, non imos facer unha leira de garavanzos para o cocido 😉,  pasámolas a macetas con sustrato e deixámolas na horta do colexio, a ver como van. Seguiremos observándoas atentamente. 












Aquí quedan, resgardadas do vento e dos balóns :-)

Somos meniños e meniñas de libros

O noso primeiro día na biblioteca escoitamos A meniña de Libros de Oliver Jeffers e Sam Winston. Propuxéronnos ser nós tamén meniñ@s de libros e non o dubidamos.
Aquí estamos, entre libros xigantes.

Para saber máis sobre os primeiroso días de volta na BBS entrade AQUÍ e AQUÍ.


martes, 10 de outubro de 2017

Sergio

Xa temos outro mozo de sete anos na clase!
Sergio estivo de aniversario o venres e trouxo un biscoito riquísimo para celebralo.

Parabéns, Sergio!


 Graciñas polo biscoito, que ben nos soubo!

domingo, 8 de outubro de 2017

Eu son...

En Valores Sociais e Cívicos convertémonos en protagonistas das nosas propias curtas, aquí tedes o resultado: Eu son...
Estamos comezando, prometemos máis.😀
Activade o son na esquina esquerda do menú inferior pata vernos e escoitarnos.

mércores, 4 de outubro de 2017

El cazo de Lorenzo

La Tarara

Estamos lendo poemas de Federico García Lorca. "La Tarara" é unha canción de corro de finais do século XIX que el recompilou e gravou e que se fixo moi popular na época. Esta é unha versión moderna de Manolo Tena.

domingo, 1 de outubro de 2017

De película!

En Valores Sociais e Cívicos estamos empezando a facer proxectos de "mini películas" con nós como protagonistas. Traballamos sobre tiras de películas escollendo o que queremos contar sobre cada un de nós.