xoves, 16 de novembro de 2017

Fogo Nicolás

Na banda de alá do río ten meu pai un castiñeiro... Tempo de Magosto, tempo de festa.😀

Polo San Martiño, trompos ao camiño

Estamos no tempo das castañas, dos Magostos e... dos trompos! Levabamos tempo sen velos pola escola, aínda que si están os seus "parentes modernos", os BeyBlade e os Spinners. Algo tiñamos que facer para remedialo, así que na tarde do mércores tivemos un "obradoiro de iniciación aos trompos tradicionais" para o que contamos coa axuda de Bernal, un experto bailador de trompos. Estivemos atent@s ás súas explicacións e trucos. Teremos que seguir practicando, pero xa imos encamiñad@s e mola moito velos bailar.  
Graciñas, Bernal!





Plantación na horta

Este mércores pola tarde todo o colexio estivemos de plantación na horta, coa axuda de Vanesa e Carlos, os pais de Elena, cada clase plantou algún produto de tempada. Nós plantamos leitugas e outros cursos espinacas, cebolas, allos...
Coas nosas leituguiñas lembramos a ensalada do curso pasado e xa estamos a pensar nos ingredientes para papalas en canto medren. 😋
Agora teremos que coidar da horta entre tod@s.
Grazas, JCarlos e Vanesa!









xoves, 9 de novembro de 2017

Coidemos os nosos bosques

A mediados de outubro unha terrible vaga de lumes arrasou milleiros de hectáreas de monte en Galicia, moitas casas, galpóns, graneiras e levou tamén a vida de catro persoas. Na clase falamos do lume e de que se poderia facer para evitar que algo así volvera pasar. Decidimos facer un mural para mostrar a nosa vontade de coidar os bosques e o monte.
Naqueles días Christian trouxera a clase un libro que lle gustara moito, Salgadiña, a estrela de Fisterra de Anxo Moure e Cristina Ouro. Fala doutro tipo de catástrofe medioambiental, pero no fondo fala do mesmo, do mal que os seres humanos tratamos ao noso planeta e da necesidade de que todos e todas nos comprometamos coa natureza. Gustounos moito e ao comezar co mural decidimos que Salgadiña debía estar nel. 


Esta semana sacamos o noso mural ás paredes do corredor. É o noso compromiso cos nosos bosques. Nós coma Salgadiña, queremos un mundo mellor.


mércores, 8 de novembro de 2017

Mochila Viaxeira para Hugo

Hoxe Hugo levou a Mochila Viaxeira para casa. Quince días para aproveitala ben: ler, ver, cantar, bailar, compartir... E este curso tamén quitar unha foto para que vexamos como lle vai á Mochila nas súas viaxes.


martes, 7 de novembro de 2017

Peluches

En Castelán lemos unha lectura sobre un peluche moi especial e a nena que era a súa dona.  Partindo desa idea describimos e debuxamos o noso peluche favorito ou o que nos gustaría ter e inventamos unha ficha con información sobre os seus gustos e afeccións. Estaría ben que os peluches cobraran vida 😜



domingo, 5 de novembro de 2017

As orixes de Marcopola

O noso segundo libro en conxunto deste curso foi As orixes de Marcopola de Jacobo Fernández Serrano. É a primeira entrega dunha colección en banda deseñada que se titula Marcopola, a illa remeira e forma parte dos Itinerarios Lectores da Biblioteca Brea Segade. 
Gustounos moito a historia e  moito máis aínda, ler cómic.  Haberá que seguir co resto da colección 😉

mércores, 1 de novembro de 2017

Martes de Samaín

Aquí tedes un resumo en imaxes do ben que o pasamos celebrando o Samaín na escola.


Xa sabedes, activade a música na esquina inferior esquerda.

Aniversario de Sara

Sara cumpre anos o 31 de outubro, día de Samaín. Toda unha mañá de festa para celebrar que xa temos outra moza de sete anos na clase! 😉 
Trouxonos uns paquetiños chulísimos que dentro tiñan unhas magdalenas riquísimas que preparara coa súa nai. 

Parabéns, Sara!
Parabéns!
Oooh!
Mmmmmm!
Graciñas polas magdalenas, estaban boísimas!

Samaín!

Así de chula estaba a entrada do cole o luns:


Estas son algunhas das nosas cabazas: