mércores, 6 de decembro de 2017

Mochila Viaxeira para Dani

Dani marchou cargado para esta ponte: libros e pelis para gozar en familia nestes días libres. Que sortaza!


domingo, 3 de decembro de 2017

Mozambique

A tarde do mércores visitounos Uxía Cespón, unha traballadora do concello de Rianxo que nos veu falar de Mozambique. Ela estivo pasou alí o seu mes de vacacións traballando nunha vila pequena e descubrindo como é a vida nese país africano. Contounos un conto sobre un neno que coñeceu alí, falounos de como son as casas, a escola, os animais... Ensinounos un coche de xoguete, un instrumento e teas que se chaman capulanas. Deixounos preguntar un montón de cousas e nós aproveitamos, era a primeira vez que falabamos con alguén que estivera en África. Gustounos moito! Grazas, Uxía!










O castelo da Lúa

O martes fomos de visita aos restos do Castelo da Lúa, no Lugar do Pazo, en Rianxo. Fomos en bus ata o porto de Sete Fogas e desde alí camiñamos polo paseo marítimo ata o castelo. Comezamos cunha parada no monumento homenaxe á escritora Helena Villar Janeiro e alí lemos varios poemas da súa obra As señoras cousas
Despois fomos fixándonos nas laxes adicadas aos escritores rianxeiros: Castelao, Rafael Dieste, Manuel Antonio e,xa douttro lado do río, en Taragoña, Xosé Mª Brea Segade. No Castelo da Lúa está traballando un equipo de arqueólogos, reconstruíndo parte do edificio coas pedras que aínda se conservan. Tivemos a sorte de que Mario Vilña, o director do proxecto, nos falara dos traballos que están a facer. Con el descubrimos como era o foso do castelo, que había un forno para cerámica, unha torre de homenaxe, un pequeno porto... Ensinounos restos de cerámica e demos toda a volta ao castelo. Foi moi interesante! Grazas, Mario!

Castelodalua from Brea Segade on Vimeo.

Para saber máis sobre como foi o Castelo da Lúa, de que época é, que restos se atoparon, quen se cre que viviu nel... podemos entrar nesta páxina do Concello de Rianxo:

http://omarfeitotradicion.gal/castelodalua

sábado, 25 de novembro de 2017

Espazo libre de violencias machistas






Ao longo da semana no colexio estivemos falando, pensando e elaborando materiais dentro da campaña Rianxo en negro,que pretende mostrar mostrar que non nos gusta a violencia, ningún tipo de violencia, e moi especialmente a violencia contra as mulleres. O venres xuntámonos todos para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, que é o 25 de novembro. Pegamos siluetas negras cun lazo morado na entrada do cole e escoitamos e cantamos o tema Salír corriendo de Amaral.








mércores, 22 de novembro de 2017

Mochila Viaxeira para Adrián

Boas lecturas, Adrián!

Cine 3D

Este martes asistimos a unha sesión de cine 3D na escola. Instalaron unha carpa con forma de cúpula no cuberto que hai no patio e fomos baixando a ver películas sobre astronomía. Nós vimos O robot de cartón e aprendemos moito sobre os planetas do sistema solar. Despois, pola tarde, saímos todos ao patio a facer voar foguetes e a montar un sistema solar vivinte. Foi moi divertido! Agora estamos atraballar na clase sobre estrelas e planetas.

A sala de cine 3D

Entramos!



Preparad@s para a proxección

No obradorio de foguetes e sistema solar
Un foguete
Alá vai!

Sistema Solar "vivinte"


¡Menudos bichos menudos!

Este é o novo libro que estamos a ler conxuntamente na clase. Tamén forma parte dos Itinerarios Lectores da BBS e, desta vez, son relatos breves rimados que teñen de protagonistas a pequenos animais: cempés, arañas, formigas...