luns, 25 de decembro de 2017

Bo Nadal!

Segundo deséxavos:



BO NADAL!

Cada libro aberto é unha invitación á imaxinación, tamén no Nadal. Quentin Blake

Cantando as Prosas do Nadal

O 21 de decembro todo o colexio saíu cantar as Prosas do Nadal. Entrade no blogue da Biblioteca Brea Segade para ver a reportaxe completa.

Xornal BBS

Somos xornalistas! Aquí tedes o último número do Xornal BBS.

Tempo de acivros, tempo de libros

Aquí tedes as recomendacións de lecturas de Nadal das bibliotecas das escolas de Infantil e Primaria de Rianxo e a B.P.M. Castelao de Rianxo.

mércores, 20 de decembro de 2017

Aniversarios de Noela e Laura

Agora si, as dúas máis pequenas da clase xa son unhas mozas de sete anos. Con cinco días de diferenza Noela e Laura estiveron de aniversario. Aquí as tedes despois de turrarlles das orellas e cantarlles o Parabéns.

 Parabéns!!

luns, 11 de decembro de 2017

Cos lectores electrónicos

Levamos unhas semanas probando os lectores electrónicos da Biblioteca Brea Segade. Teñen un montón de libros dixitais cargados e de momento estamos aprendendo a usalos: a buscar e escoller libro, pasar páxinas, cambiar o tamaño da letra... Estannos gustando moito!






mércores, 6 de decembro de 2017

Mochila Viaxeira para Dani

Dani marchou cargado para esta ponte: libros e pelis para gozar en familia nestes días libres. Que sortaza!


domingo, 3 de decembro de 2017

Mozambique

A tarde do mércores visitounos Uxía Cespón, unha traballadora do concello de Rianxo que nos veu falar de Mozambique. Ela estivo pasou alí o seu mes de vacacións traballando nunha vila pequena e descubrindo como é a vida nese país africano. Contounos un conto sobre un neno que coñeceu alí, falounos de como son as casas, a escola, os animais... Ensinounos un coche de xoguete, un instrumento e teas que se chaman capulanas. Deixounos preguntar un montón de cousas e nós aproveitamos, era a primeira vez que falabamos con alguén que estivera en África. Gustounos moito! Grazas, Uxía!










O castelo da Lúa

O martes fomos de visita aos restos do Castelo da Lúa, no Lugar do Pazo, en Rianxo. Fomos en bus ata o porto de Sete Fogas e desde alí camiñamos polo paseo marítimo ata o castelo. Comezamos cunha parada no monumento homenaxe á escritora Helena Villar Janeiro e alí lemos varios poemas da súa obra As señoras cousas
Despois fomos fixándonos nas laxes adicadas aos escritores rianxeiros: Castelao, Rafael Dieste, Manuel Antonio e,xa douttro lado do río, en Taragoña, Xosé Mª Brea Segade. No Castelo da Lúa está traballando un equipo de arqueólogos, reconstruíndo parte do edificio coas pedras que aínda se conservan. Tivemos a sorte de que Mario Vilña, o director do proxecto, nos falara dos traballos que están a facer. Con el descubrimos como era o foso do castelo, que había un forno para cerámica, unha torre de homenaxe, un pequeno porto... Ensinounos restos de cerámica e demos toda a volta ao castelo. Foi moi interesante! Grazas, Mario!

Castelodalua from Brea Segade on Vimeo.

Para saber máis sobre como foi o Castelo da Lúa, de que época é, que restos se atoparon, quen se cre que viviu nel... podemos entrar nesta páxina do Concello de Rianxo:

http://omarfeitotradicion.gal/castelodalua