domingo, 25 de febreiro de 2018

Día de Rosalía: Abride a fiestra

Compartimos o vídeo que elabotrou a Biblioteca Brea Segade para homenaxear a Rosalía.


Abrindo fiestras

Esta semana estivemos traballando sobre Rosalía de Castro na clase: lendo os seus poemas e decorando as fiestras da escola para que Rosalía estivera ben visible, desde fóra e desde dentro. Participamos así nunha iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), para homenaxeara á poeta no seu día, o 24 de febreiro, tal e como nos pediron desde a Biblioteca Brea Segade.









A nosa clase desde fóra


Mochila viaxeira para Iker

Esta semana saíron novamente as Mochilas Viaxeiras. Levouna Iker, que se estrea coas mochilas do Brea Segade. Esperamos que lle guste moito 😀


martes, 20 de febreiro de 2018

Un libro e unha flor

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía e unha das tradicións para ese día é agasallar cun libro e unha flor. A BBS trouxonos onte un agasallo para a nosa clase: un libro sobre Rosalía e unha flor feita coa impresora 3D.
Así que mans á obra, empezamos a ler e a traballar sobre Rosalía.




Aniversario de Carmela

Este luns celebramos o aniversario de Carmela, a profe que volve estar con nós este curso durante unha tempada. Trouxonos unha madalenas de chocolate riquísimas, que sorte temos!!!

Parabéns, Carmela!

E graciñas polas madalenas! 😋


Mmmm


sábado, 17 de febreiro de 2018

Oh Susana! De principio a fin :-)

Grazas a Nuria, a nai de Christian, podemos compartir o vídeo do baile completo, para non perder detalle 😜 Tremenda actuación, bailador@s!

xoves, 15 de febreiro de 2018

Aniversario de Adrián

Hoxe celebramos o aniversario de Adrián, que xa é un mozo de 8 anos! Trouxonos un biscoito de chocolate e unha filloas recheas de chocolate. Todo estaba de lamber os dedos, e iso mesmo fixemos, os dedos e case, case a bandexa do biscoito. Iso despois de cantarlle, soprar a vela e turrarlle un pouquiño das orellas :-)


Parabéns, Adrián! 

e moitas grazas polos doces. 😋

Parabéns para ti....



A por ela!

luns, 12 de febreiro de 2018

Adeus, Toribio!

Despois de desfilar, bailar e xogar, repuxemos forzas no tremendo banquete de doces de Entroido que nos agardaba no cole.




Xa ao remate da mañá tocou despedirnos do Toribio, que tan ben nolo fixo pasar estes días.











Adeus, Toribiño! Ata o ano!

Oh Susana!

Un anaquiño do noso baile, para ver o ben que o fixemos!