domingo, 25 de marzo de 2018

Día da Poesía

O 21 de marzo tamén é o Día da Poesía. Este ano participamos nun acto de celebración dos 90 anos da publicación do libro De catro a catro, do poeta rianxeiro Manuel Antonio. Aínda que non escribiu para nenos/as, escoitamos os seus poemas e descubrimos que falaba sobre todo do mar. Coas palabras que se repiten nos seus poemas preparamos follas de árbores autóctonas para pendurar das rúas de Rianxo. O xoves 22 de marzo fomos á vila a celebrar o Día da Poesía e a obra de Manuel Antonio pintando na rúa e recitando. Aquí tedes o vídeo que elaborou a Biblioteca Brea Segade sobre aesa mañá.



Preparando as follas para decorar as rúas de Rianxo




sábado, 24 de marzo de 2018

Na tele

O Canal Barbanza cubriu a plantación nas beiras do Té e entrevistou a Noa, Noela, Nerea e Adrián. Mirade que ben o fixeron:

Día dos bosques: plantación na contorna do Té

O mércores 21 participamos nunha plantación de árbores autóctonas organizada polo Concello de Rianxo. Fomos todo o cole e tamén nenos e nenas do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados, e do CEIP Castelao de Rianxo. Estivemos nas marxes do río Té, a carón do polígono industrial e entre todos plantamos máis de 160 árbores: carballos, freixos e castiñeiros. 
 

Día dos bosques

Este foi o tema co que comezamos o Día dos Bosques, preparándonos para a plantación nas beiras do río Té.
Para escoitar a canción preme na imaxe de abaixo ou AQUÍ

 

Aniversario de Christian

Onte celebramos o aniversario de Christian que en realidade é hoxe. Outro mozo na nosa clase!
Christian trouxonos un biscoito de chocolate e Lacasitos riquísimo que devoramos nun viravira, como xa é habitual nos larpeiros e larpeiras de segundo 😜

PARABÉNS CHRISTIAN!
e grazas polo biscoito!



Mmmm!

Parabéns para ti....!


 

domingo, 11 de marzo de 2018

Mulleres de cine

Neste mes de marzo estamos a investigar en todas as clases sobre mulleres que traballan no mundo do cine. Nós buscamos información sobre tres mulleres galegas: Chelo Loureiro, Emma Lustres e Diana Toucedo. No blog da biblioteca tedes maís información.




venres, 9 de marzo de 2018

Xeometría

Levamos unhas semanas a voltas coas figuras xeométricas, os ángulos, os vértices, as simetrías... A profe Carmela púxonos a traballas con pauciños, plastilina, regras... O que tal estamos a aprender!














Mochila Viaxeira para Nerea

Xa ides quedando menos por levala; esta semana Nerea foi a afortunada.

Boas lecturas, Nerea!



domingo, 4 de marzo de 2018

Investigando sobre Alicia

Empezamos cun novo proxecto que dará lugar á nosa participación no Salón do Libro de Pontevedra deste ano. Mulleres de Conto é o lema e Alicia o centro do noso traballo. Seguiremos contando...






Xogos matemáticos

O noso recuncho de xogos matemáticos recibiu esta semana algunhas novidades que xa puxemos en práctica, xunto coas que xa coñeciamos que seguen molando moito.