sábado, 7 de abril de 2018

Traballamos sobre o cine

Este é o libro que nos serviu de punto de partida para traballar sobre o cine: 

El mundo del cine forma parte de La Gran Biblioteca de Las Tres Mellizas e ten un conto ambientado na época que se inventou o cine e tamén moita información sobre esa época e como apareceron as primeiras películas, proxectores e sesións de cine. Este libro está na BBS, gustounos moito, recomendámovolo.

E esta a exposición no noso corredor cos carteis orixinais:
 










venres, 6 de abril de 2018

Os inicios do cine

Ao longo do 2º trimestre nas clases de Valores Sociais e Cívicos estivemos traballando nun proxecto sobre os inicios do cine. Vimos algunhas das primeiras películas que se fixeron no século XIX e comezos do XX, traballamos cun libro das Tres Mellizas sobre o cine, preparamos unha exposición con toda a información e ao final fixemos unha presentación escaneando os nosos carteis e escribindo algúns textos no ordenador.

Este foi o resultado:




 Esta semana presentamos o noso traballo aos compañeiros e compañeiras do cole na biblioteca. Viñeron en tres grupos, así que tivemos que repetir a presentación tres veces. A primeira vez estabamos algo nerviosos/as, porque era a primeira vez que falabamos para os maiores presentando un traballo,  pero pouco a pouco fomos collendo confianza 😉







Peixes

Branquias, aletas, escamas, ollos, corazón, estómago intestinos, vexiga natatoria.... O mércores á tarde puidemos ver e tocar as diferentes partes dos peixes, porque non hai mellor xeito de entender as cousas novas que véndoas.
Unha dourada, dous xurelos, dous bocartes e luvas para tod@s, para que non dera noxo remexer, porque diso se trataba, de ver e tocar.
- Somos como científicos!- dixo Noela. 
Claro que si!









mércores, 4 de abril de 2018

Mochila Viaxeira para Gael

A primeira mochila de abril tocoulle a Gael!


O día que choveu do revés

Nunca tan ben nos cadrou unha historia co que estaba a pasar mentres a liamos. O día que choveu do revés de María Canosa é o libro que estamos a ler neste momento na clase, e parece que foi escrito pensando na chuvia que leva a caer nas últimas semanas. Así que mans á obra, estamos a ler, a aprender sobre vocabulario a chuvia,  a experimentar co ciclo da auga... E a agardar con gans pola visita de María Canosa á nosa biblioteca.





luns, 2 de abril de 2018

Os libros fan grande o máis pequeno

2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil.
Entra no blogue da BBS para saber máis.

martes, 27 de marzo de 2018

Despedímonos de Carmela

Carmela, a profe que estivo con nós durante case dous meses, non volverá despois da Pascua, ten que  continuar cos seus estudos en Santiago, así que a despedida do trimestre tamén foi a nosa despedida dela, un ata logo, porque xa sabe que pode voltar cando queira 😊
Graciñas, Carmela por todo o que compartiches con nós nestas semanas! 😘😘


Xogos de xeometría

O venres, despedimos o trimestre cun circuíto de xogos de xeometría na biblioteca: sudoku, escornabots, xeoplano e tangram. Para poñer a proba o moito que aprendemos nestes meses 😉

Xeoplano

Tangram

Sudoku xeométrico

Escornabots figuras xeométricas

Escornabots liñas







Mulleres de conto e de película

A nosa maqueta para o Salón do Libro xa está en Pontevedra. Despois de semanas de traballo na maqueta e nos libros, de ler, ver pelis e aprender moito sobre algunhas mulleres de conto  e de película, mandamos a nosa cámara e os catro libros ao Salón. Teremos que agardar ata o día 10 de abril que será cando visitemos co colexio o Salón do Libro de Pontevedra, ou ir coas familias desde o día 6 de abril , que abre o Salón.
Para ver máis sobre a despedida da maqueta e os libros entrade no blog da BBS.

Traballo feito!


 

domingo, 25 de marzo de 2018

Mochila Viaxeira para Noela

A Mochila Viaxeira de 2º marchou de vacacións de Pascua a casa de Noela. Xa van quedando poucas casas por visitar, non desesperedes, logo irá visitar aos que faltan.

Boas lecturas, Noela!