luns, 9 de abril de 2018

Concerto didáctico

Hoxe foi unha mañá especial, despois do encontro con María Canosa fomos ao auditorio de Rianxo a un concerto didáctico organizado pola Escola de Música de Rianxo. Era un grupo de músicos de instrumentos de metal: tuba, trombóns de vara e bombardino. Ademais de tocar fóronnos contando cousas sobre os instrumentos e todo facendo teatro. Foi moi divertido!





Con María Canosa

E chegou o día! Hoxe coñecemos a María Canosa! Lembramos o seu libro, puidemos preguntarlle un montón de cousas e despois adicounos o libro a cada un de nós. Gustounos moito e as adicatorias son moi chulas. Nós démoslle un agasallo, un paraugas colgador feito na biblio na impresora 3D.


O noso agasallo
Asinando

sábado, 7 de abril de 2018

María Canosa

Este é o tríptico que a BBS elaborou para preparar o encontro con María Canosa e que traballamos na clase esta semana.

The sword and the stone

O mércores fomos ao teatro. Vimos unha obra en inglés, que contaba a lenda do rei Artur e a espada Excalibur.  Pediron voluntarios para colaborar coa compañía de teatro e saíron Lucas de 4º e o noso Adrián 😍. Tan ben o fixeron que case, case lles ofrecen un contrato!




Traballamos sobre o cine

Este é o libro que nos serviu de punto de partida para traballar sobre o cine: 

El mundo del cine forma parte de La Gran Biblioteca de Las Tres Mellizas e ten un conto ambientado na época que se inventou o cine e tamén moita información sobre esa época e como apareceron as primeiras películas, proxectores e sesións de cine. Este libro está na BBS, gustounos moito, recomendámovolo.

E esta a exposición no noso corredor cos carteis orixinais:
 










venres, 6 de abril de 2018

Os inicios do cine

Ao longo do 2º trimestre nas clases de Valores Sociais e Cívicos estivemos traballando nun proxecto sobre os inicios do cine. Vimos algunhas das primeiras películas que se fixeron no século XIX e comezos do XX, traballamos cun libro das Tres Mellizas sobre o cine, preparamos unha exposición con toda a información e ao final fixemos unha presentación escaneando os nosos carteis e escribindo algúns textos no ordenador.

Este foi o resultado:




 Esta semana presentamos o noso traballo aos compañeiros e compañeiras do cole na biblioteca. Viñeron en tres grupos, así que tivemos que repetir a presentación tres veces. A primeira vez estabamos algo nerviosos/as, porque era a primeira vez que falabamos para os maiores presentando un traballo,  pero pouco a pouco fomos collendo confianza 😉







Peixes

Branquias, aletas, escamas, ollos, corazón, estómago intestinos, vexiga natatoria.... O mércores á tarde puidemos ver e tocar as diferentes partes dos peixes, porque non hai mellor xeito de entender as cousas novas que véndoas.
Unha dourada, dous xurelos, dous bocartes e luvas para tod@s, para que non dera noxo remexer, porque diso se trataba, de ver e tocar.
- Somos como científicos!- dixo Noela. 
Claro que si!









mércores, 4 de abril de 2018

Mochila Viaxeira para Gael

A primeira mochila de abril tocoulle a Gael!


O día que choveu do revés

Nunca tan ben nos cadrou unha historia co que estaba a pasar mentres a liamos. O día que choveu do revés de María Canosa é o libro que estamos a ler neste momento na clase, e parece que foi escrito pensando na chuvia que leva a caer nas últimas semanas. Así que mans á obra, estamos a ler, a aprender sobre vocabulario a chuvia,  a experimentar co ciclo da auga... E a agardar con gans pola visita de María Canosa á nosa biblioteca.





luns, 2 de abril de 2018

Os libros fan grande o máis pequeno

2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil.
Entra no blogue da BBS para saber máis.