martes, 23 de outubro de 2018
Fame cero 2030
Estivemos lendo, escoitando e reflexionando sobre as propostas da FAO para o Día Mundial da Alimentación. Este é o resultado:
Etiquetas:
alimentación,
consumo responsable,
ecoloxía,
fame cero,
Terra
Ola, Teatro do Noroeste!
Despois de ver a obra Animais de Compañía decidimos escribirlle cartas á Compañía Teatro do Noroeste dándolle a nosa opinión sobre o espectáculo. Un sobre ben grande saíu en dirección a Ames 😃
venres, 19 de outubro de 2018
Descubrindo a CDU
Esta semana na biblio comezamos a traballar coa Clasificación Decimal Universal, o sistema de rexistro e catalogación que hai nas bibliotecas en todo o mundo. Imos entender que son esas letras e números que hai nas etiquetas do lombo dos libros da biblio. De momento empezamos cos números e non se nos dá nada mal, xa temos controlado que vai en cada número. Tivemos que guiarnos pola CDU Ilustrada que hai na biblio e polos carteis dos andeis. Seguiremos investigando...luns, 15 de outubro de 2018
Día Mundial da Alimentación
O 16 de outubro é o Día Mundial da Alimentación. Tod@s nós podemos facer moito para conseguir Fame Cero no 2030. Implícate!
Etiquetas:
alimentación,
natureza,
Valores Sociais e Cívicos
domingo, 14 de outubro de 2018
Experimentos
Un dos ingredientes que boa parte do alumnado de 3º pediu para este curso foron os experimentos. Aquí tedes a presentación do noso primeiro experimento deste curso, unha investigación sobre os efectos do vinagre nos ovos. A presentación tamén foi elaborada polos nenos e nenas de 3º, que están feitos uns científicos e científicas de moito nivel!
Etiquetas:
alimentación,
ciencia,
experimentamos,
naturais
venres, 12 de outubro de 2018
No teatro
Etiquetas:
animais. creamos,
saídas,
teatro
mércores, 10 de outubro de 2018
Aniversario de Sergio
Este luns celebramos na clase o aniversario de Sergio, que en realidade foi o sábado. Foi o primeiro aniversario deste curso e celebrámolo como sabemos: cantando, turrando das orellas e papando un doce delicioso!
PARABÉNS, SERGIO!🎉🎉🎉
Graciñas polo biscoito! 😋
![]() |
| Parabéns para ti...! |
![]() |
| Mmmmmm! |
martes, 9 de outubro de 2018
Xa non somos animais de compañía!
Outro anaquiño da obra, para ir facendo boca :-)
Xa non somo animais de compañía! from Chiripa on Vimeo.
Animais de compañía
Mañá imos ao teatro! Animais de compañía é o título da obra que veremos este xoves no Auditorio de Rianxo. É un espectáculo da compañía Teatro do Noroeste sobre un texto do dramaturgo galego Eduardo Alonso.
Para ir coñecendo ás protagonistas da historia aquí tedes unha das cancións que escoitaremos mañá na función teatral.
Fedra e Maxa from Chiripa on Vimeo.
sábado, 6 de outubro de 2018
Na biblioteca
Esta semana abriu a BBS!
Xa podemos ir nos recreos e tamén empezar ir coa clase cada semana e levar libros, pelis, música... Este curso será os mércores. O primeiro día descubrimos como facer unha Sopa verde riquísima 😉. Entrade no blogue da BBS para ver máis.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


























