Comezamos a lectura dun novo título do itinerario lector de 3º de Primaria.
Diecisiete cuentos y dos pingüinos de Daniel Nesquens, con ilustracións de Emilio Urberuaga.
Temos ante nós dezaoito relatos curtos que nos ofrecen, con moito humor, a visión que os nenos e nenas teñen do mundo dos adultos/as. Son contos imaxinativos, curiosos, cómicos e absurdos. Diversión asegurada e temas para pensar, falar e escribir tamén. A por eles! 😀
domingo, 27 de xaneiro de 2019
Diecisiete cuentos y dos pingüinos
Etiquetas:
itinerarios lectores,
itinerarios lectores 3º,
lecturas,
lemos
mércores, 23 de xaneiro de 2019
Libros con lapelas de Naturais
Etiquetas:
creamos,
educación documental,
naturais
Mochila Viaxeira para Noela
Inchando globos
Seguimos experimentando co vinagre e o bicarbonato; temos que aproveitar que nos sobrou! 😉 Esta vez vimos o doado que é inchar globos sen soprar. Iso si, tomamos precaucións, non foran estoupar.
sábado, 19 de xaneiro de 2019
Oca das multiplicacións
Agora que estamos "dándolle duro" ás multiplicacións non deixedes de probar A oca das táboas de multiplicar, diversión e repaso das táboas asegurados.
Seres humanos
Como resumo do que traballamos sobre seres vivos e seres humanos no 1º trimestre estamos elaborando uns libros con lapelas, nos que recollemos ordenadamente o que aprendemos. É a primeira vez que facemos "libros con lapelas", gústannos, estamos traballando con ganas e están quedando moi ben.
Etiquetas:
creamos,
educación documental,
naturais
domingo, 13 de xaneiro de 2019
mércores, 9 de xaneiro de 2019
Mochila Viaxeira para Adrián
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
familias,
lecturas,
lemos,
Mochilas Viaxeiras
Libriño e Breixo no Nadal en Rianxo
Breixo levou a Mochila Viaxeira este Nadal e non tivo ningún problema en descubrir onde estaba Libriño: vendo as luces e árbore de Nadal no Campo en Rianxo.
E alí foi el tamén a quitar unha foto. Moi ben, Breixo!
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
familias,
Mochilas Viaxeiras,
Rianxo
martes, 8 de xaneiro de 2019
De volta!
Xa estamos de volta! Hoxe ao chegar atopámonos cunha sorpresa: un agasallo para a clase! Era un xogo feito en madeira.
Hoxe non tivemos tempo de probalo, farémolo mañá 😃
Grazas, Apalpador!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



































