luns, 25 de marzo de 2019

Aniversario de Christian

Onte Christian fixo 10 anos! Hoxe celebrámolo na clase. Trouxo unhas canas de chocolate impresionantes e uns pasteis que estaban boísimos, cantámoslle e turrámoslle das orellas...

Parabens, Christian!



Parabéns para ti...

Mmmmm!


Graciñas polos doces! 😋

martes, 19 de marzo de 2019

Revolución Irmandiña

Onte marchou para o Salón do Libro de Pontevedra a nosa maqueta deste ano, cos nosos libros sobre as revolucións. Alí foi a nosa Revolución Irmandiña 😍
Tedes máis información no blog da BBS.



domingo, 17 de marzo de 2019

Ana Corredoira e Marta Álvarez



A nosa achega á exposición de mulleres destacadas no mundo da alimentación organizada polo Equipo de Actividades Extraescolares.

domingo, 10 de marzo de 2019

Mulleres e alimentación

Aquí temos os enlaces para investigar sobre algunhas mulleres que están levando adiante proxectos innovadores no mundo da alimentación. Son só unha pequena mostra da creatividade, a forza e o traballo das mulleres en diferentes sectores económicos.  

Ana Corredoira e a granxa A Cernada.

Marta Álvarez e As Maruxas

Milagros Piñeiro e Milagros González e A Pementeira

Entrade e descubrídeas! Vanvos sorprender.

mércores, 6 de marzo de 2019

A Revolución

XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra


A palabra revolución ten carisma, especialmente cando non leva apelido. É un termo que nos remite á utopía, á busca dun futuro mellor, á crenza de que outro mundo é posible, e ponnos no camiño da transformación da realidade que desde o Salón cremos que se pode e que se debe facer tamén a través dos libros. Que así sexa!

Quentamos motores para a nosa cita anual co Salón do Libro de Pontevedra 😍

domingo, 3 de marzo de 2019

Coplas de Entroido

Antes da queima do Toribio 3º botou unhas coplas de Entroido que estiveramos a traballar na clase durante toda a semana.


E faltou gravar a Hugo rematando:

 Viva o Toribio! Viva o Entroido!

Despois disto... Adeus Toribio!




Ata o ano que vén! 😞

Pizza!

O venres de Entroido a clase de 3º encheuse de anacos de pizza de diferentes sabores e ingredientes, pero todos da marca BreaPizza.




Así de guapos e guapas os BreaPizzas, xunto con mexillóns, froitas e cociñeiros baixaron ata Campo de Pazos con ganas de lucirse e montar festa.






Enchemos a praza de comida, cores e bo humor.


De volta na escola, larpeiradas de Entroido para recuperar forzas da camiñata.


sábado, 2 de marzo de 2019

Día de Rosalía

Na celebración do Día de Rosalía no colexio lemos poemas relacionados co proxecto da biblioteca deste ano, a alimentación. En 3º preparamos Tecín soa a miña tea e Sergio, Diego, Noela, Lola, Laura e Adrián encargáronse de lelo para todos. Fixérono moi ben! 

 
Día de Rosalía 2019 from Brea Segade on Vimeo.

E despois de ler e de escoitar a todos os cursos e os profes recitando... Caldo de Gloria! Que rico estaba!