domingo, 2 de outubro de 2016

Na aula de informática

Pouco a pouco imos coñecendo os espazos comúns do cole. Esta semana fomos, por primeira vez, á aula de informática, e gustounos... moito. 




 

Dentes que caen

Nas poucas semanas que levamos xuntos xa tivemos dúas sorpresas, dous dentes que caeron e que foron dereitiños para o Rato Pérez. E agora na clase hai varios dentes a piques de caer e moitos movendo e removendo nos dentes frouxos para ver de "acelerar" a caída :-) 
Isto vai ser a clase dos fanados, veredes!

O dente de Gael



O dente de Hugo



sábado, 24 de setembro de 2016

Somos Primeiro

 Aquí estamos, o martes 13 de setembro recollendo na Biblioteca Brea Segade a nosa caixa de libros para a Hora de Ler.


Somos Primeiro do Brea Segade: Sara, Noela, Lola, Mateo, Nerea, Dani, Gael, Breixo, Lois, Sergio, Hugo, Diego, Adrián e Laura.
E o noso primeiro conto no cole foi Andrés cabeza abaixo de Pablo Albo e Roger Olmos.