domingo, 4 de decembro de 2016

Apadriñamento lector

O venres na Hora de Ler levamos unha sorpresa, viñéronnos buscar os de sexto para contarnos contos. Agora son os nosos padriños e madriñas lectores e agasalláronnos coa lectura de contos escollidos por eles.
Gustounos moito!  
Podedes ver a reportaxe no blogue da biblioteca.
E aquí tedes imaxes de como foi.

sábado, 3 de decembro de 2016

Tempo de Nadal

Xa está aquí! Xa empezamos a sentir que o Nadal está cerca, no cole tamén. Comezamos preparar os nosos adornos para a árbore que temos na entrada e que imos decorar entre tod@s. 
Como nos gustou! E que adornos máis chulos fixemos! 
Temos ganas de ver como quedan cando os poñan na árbore.










Descubrindo a Miró

Rematamos o noso proxecto sobre Joan Miró. Traballamos e aprendemos moito e boa proba diso témola no corredor, diante da nosa clase e tamén nas nosas carpetas e nas nosas conversas :-)








domingo, 27 de novembro de 2016

25 de novembro

No colexio conmemoramos o 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, elaborando entre tod@s un lazo morado xigante con mensaxes, escritos ou debuxados, en contra da violencia e a favor da igualdade e o respecto ás mulleres e ás diferenzas en xeral.












Contando contos

Este venres, en Castelán, inventamos e contamos contos en parellas partindo de dúas palabras. Haiche boa imaxinación en Primeiro e boa labia tamén :-)








Segunda Mochila Viaxeira

Esta semana foi Dani quen se levou para casa a Mochila Viaxeira de 1º cargada de libros, música e unha peli para compartir en familia durante quince días.

luns, 21 de novembro de 2016

Joan Miró

Este son dous dos materiais que vimos na clase para buscar información e traballar sobre Joan Miró.

Unha biografía resumida:

Un conto inventado que fala dos principais aspectos da obra de Joan Miró:

domingo, 20 de novembro de 2016

Avións que xiran

No espectáculo de Kukas Xan perillán compra queixo, compra pan que estivo o sábado pasado no Auditorio de Rianxo aprendimos a facer avións que xiran e tanto nos gustaron que non puidermos resistirnos a facelos na clase.

Os nosos avións que xiran:










E aquí os tedes voando e xirando.



mércores, 16 de novembro de 2016

As nosas Superlúas

O martes despois de falar e ver fotos sobre a Superlúa preparamos a nosa exposción de Superlúas, tal e como nós as vimos ou as imaxinamos.
Tivemos unha axuda especial nesta actividade, un grupo de exalumnos e exalumnas do colexio que agora están en 1º da ESO viñeron de visita e nos botaron unha man. Graciñas!
Mirade que debuxos tan chulos fixemos!