xoves, 12 de xaneiro de 2017

Estamos de volta!

Estamos de volta, cun montón de historias que contar, con ganas de ver aos amigos/as, con moita enerxía para empezar de novo e tamén con sorpresas, como as que nos deixaron os Reis :-)

Que será?

As damas!











Plastilina!


E había que probalas!

luns, 26 de decembro de 2016

Cantando os aguinaldos

O último día do trimestre foi especial, saímos todo o colexio cantar os aguinaldos a Campo de Pazos, Buía, A Capela e Ourille. Fomos en bus a cada sitio e unha vez alí cantamos algún arrolo e os aguinaldos, todos recollidos no noso concello. Preparamos os cantos na clase de Música e levabamos as letras para quen se quixera unir a cantar. En todos os sitios viñeron escoitarnos, foi moi bonito!.




De volta no cole tomamos chocolate que prepararan Tino e algúns pais e nais acompañados de biscoitos e doces que trouxeran os de quinto e sexto. Tremenda colmilona! Todo riquísimo, comemos a fartar.










E antes de marchar despedímonos de Carmela, que á volta do Nadal xa só virá de visita, pero virá, algún día :-)
Grazas, Carmela!

Un libro para agasallar

Na entrada do colexio tivemos no mes de decembro unha exposición de libros e musica organizada pola Biblioteca Brea Segade, para que puideramos escoller os que máis nos gustaban e tamén pedir un libro como agasallo neste Nadal. Visitamos a exposición e cada quen de nós elixiu un libro de entre todos os expostos. Esas escollas pasámolas a uns robots que, xunto cos das outras clases, están expostos na entrada da biblioteca. Boas lecturas e boas historias para este Nadal... e para todo o ano.

Kenqueoké?

O último martes do trimestre debutamos coma contador@s nos recreos da BBS. Escollemos Kenqueoké?, unha historia de marcianos escrita por José Parrondo. Foi divertido, estabamos nerviosos/as pero gustounos e pasámolo ben. Entrade no blogue da biblioteca para ver reportaxe que publicaron.

martes, 20 de decembro de 2016

Personaxes máxicos de Nadal

Aquí tedes a presentación que estivemos utilizando ao longo do proxecto sobre os Personaxes máxicos do Nadal para que poidades compartila na casa e ensinar todo o que aprendemos. 

domingo, 18 de decembro de 2016

The snowman

E como estamos falando de maxia no Nadal, esta semana vimos na clase unha das historias de Nadal con máis máxia, un clásico da literatura infantil inglesa que paga a pena coñecer. Aquí o tedes, para poder velo tamén en familia no tempo de Nadal.

The Snowman de Raymond Briggs.



Aniversario de Laura

Esta semana celebramos na clase o aniversario de Laura, que foi a última do grupo en cumprir seis anos. trouxónos un biscoito de amenda boísimo que desapareceu de contado.

Parabéns, Laura!






Graciñas polo biscoito! Riquísimo!

Befana, Jolasveinair e Olentzero

Esta semana continuamos descubrindo tradicións de Nadal en  diferentes lugares do mundo: Italia, Islandia e País Vasco.

A Befana

Jolasveinair

Olentzero



A bruxa boa italiana.


















Os trolls enredantes islandeses.











 O carboeiro das montañas vascas.













sábado, 10 de decembro de 2016

Tió de Nadal e Ded Moroz

Esta semana foi curtiña pero a nós deunos para vistar Cataluña e Rusia e aprender quen son o Tió de Nadal e o Ded Moroz e que tradicións hai ao seu redor.


Ded Moroz
Tió de Nadal











Os nosos Tiós de Nadal

Andamos de viaxe polo mundo