martes, 28 de marzo de 2017

Os Bolechas van ao parque de atraccións

Dani e María, a súa nai, contaron hoxe un conto nos recreos lectores da Biblioteca Brea Segade. Era a primeira vez que unha familia de 1º participaba nos contacontos e estiveron, moi, moi ben.
Mirade a reportaxe no blogue da BBS.



sábado, 25 de marzo de 2017

Despedimos a poesía na Hora de Ler

Este venres foi o último día que @s axudantes da BBS recitaron poesía para nós. Viñeron Aitana, Uxía, Carla e Paula, a irmá de Diego. Recitaron a Rosalía e a Gloria Fuertes, as dúas poetas que nos tamén estamos lendo na clase e nos deixaron outro agasallo. Gustounos esta semana, con tantas visitas e tanta poesía. Graciñas a tod@s!







mércores, 22 de marzo de 2017

Poesía na Hora de Ler

Hoxe viñeron catro compañeiras de quinto, axudantes da BBS,  a compartir poesía con nós. Recitáronnos un poema de Gloria Fuertes que nos gustou moito e deixáronnos outro agasallo. Que sorte temos! E aínda nos quedan dous días máis de poesía na Hora de Ler!
Graciñas Helena, Carla, Antía e Alba!



Mochila viaxeira, seguimos...

Hoxe levou a Mochila Viaxeira Gael e xa pola tarde veu falando do que atopara dentro :-)

Que o pases moi ben coa mochila, Gael!

martes, 21 de marzo de 2017

Día da Poesía

Hoxe, o chegar do Auditorio de Rianxo, celebramos no cole o Día da Poesía. Xuntámonos diante da biblioteca e cada clase recitou algúns poemas que nos gustan. Nós lemos entre tod@s "Has de cantar" de Rosalía de Castro. 
Fixémolo moi ben! :-) 

A frautista de Hamelin

Como non ían seguila os ratos? Soando como soa...


Hoxe estivemos no Auditorio escoitando a historia musicada de A frautista de Hamelin. Como nos gustou! A música e o conto. Tratábase dunha actividade proposta pola Escola de Música de Rianxo que contou con cinco músicos da banda e Tero Rodríguez como narradora. Para saber máis entrade no blogue da biblioteca.

Saxo tenor

Clarinete


luns, 20 de marzo de 2017

Semana da Poesía

Marzo é o mes da poesía na escola e esta semana imos ter algunhas actividades especiais para celebrar que nos gusta ler e escribir poesía. Os axudantes da Biblioteca Brea Segade van vir ás clases na Hora de Ler a compartir con nós poemas que lles gustan. Hoxe viñeron a primeiro Marta, Rodrigo e Iago. 
Graciñas!

xoves, 16 de marzo de 2017

No Salón do Libro

A visita ao Salón do Libro ben merece unha reportaxe propia :-)


Saída a Pontevedra

Aquí vai a primeira reportaxe fotográfica da saída do mércores.Comezamos a mañá descubrindo o casco vello da cidade coa axuda dun plano e asegurándonos de quitar unha foto de grupo en cada un dos lugares que viñan marcados. Comemos no parque da Xunqueira e pola tarde visitamos o Museo de Pontevedra, en concreto as salas de arqueoloxía e a sala Castelao. 

Co cociñeiro Martiño

Estivemos co cociñeiro Martiño! Iago López non tardou nin dous minutos en transformarse en Martiño e meternos de cabeza na súa historia. Gustounos moito, tanto ou máis que o libro.
Para ver a reportaxe completa entrade no blogue da biblioteca.