Compartimos co resto do colexio os nosos traballos sobre o Lonxano Oeste, o proxecto que desenvolvimos antes do Entroido e que deu lugar aos nosos disfraces. O punto de partida do traballo foron dúas películas do xénero Western: Spirit o cordel indomable e Zafarancho no rancho.
martes, 27 de febreiro de 2018
domingo, 25 de febreiro de 2018
Visita á Casa Museo de Rosalía
Aquí tedes a reportaxe fotográfica da nosa visita á Casa de Rosalía e ao Xardín Botánico Artístico. Foi unha mañá completa, chea de poesía e de natureza, de moitas aprendizaxes e descubertas. Vimos tamén a importante relación de Rianxo con Padron e con Rosalía e a presenza de Castelao tanto na Casa e como no Xardín Botánico. Sorprendémonos con árbores espectaculares chegadas de lugares lonxanos e quedamos con ganas de máis, haberá que voltar!
Na Casa de Rosalía from Brea Segade on Vimeo.
Caldo de Gloria
O venres tivemos celebramos na escola o Día de Rosalía, xa que o 24 era sábado. A Biblioteca Brea Segade e o Equipo de Dinamización Lingüística organizaron un Caldo de Gloria, seguindo a iniciativa da Casa Museo de Rosalía de Castro e inspirados nun dos poemas da escritora. Aquí tedes o vídeo no que a BBS resume a experiencia, que foi preciosa e sobre todo moi saborosa 😛 .
Día de Rosalía: Abride a fiestra
Abrindo fiestras
Esta semana estivemos traballando sobre Rosalía de Castro na clase: lendo os seus poemas e decorando as fiestras da escola para que Rosalía estivera ben visible, desde fóra e desde dentro. Participamos así nunha iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), para homenaxeara á poeta no seu día, o 24 de febreiro, tal e como nos pediron desde a Biblioteca Brea Segade.
![]() |
| A nosa clase desde fóra |
Mochila viaxeira para Iker
Esta semana saíron novamente as Mochilas Viaxeiras. Levouna Iker, que se estrea coas mochilas do Brea Segade. Esperamos que lle guste moito 😀
Etiquetas:
lecturas,
lemos,
Mochilas Viaxeiras
martes, 20 de febreiro de 2018
Un libro e unha flor
O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía e unha das tradicións
para ese día é agasallar cun libro e unha flor. A BBS trouxonos onte un
agasallo para a nosa clase: un libro sobre Rosalía e unha flor feita coa
impresora 3D.
Así que mans á obra, empezamos a ler e a traballar sobre Rosalía.
Así que mans á obra, empezamos a ler e a traballar sobre Rosalía.
Etiquetas:
BBS,
Día de Rosalía,
lecturas,
poesía,
Rosalía
Aniversario de Carmela
Este luns celebramos o aniversario de Carmela, a profe que volve estar con nós este curso durante unha tempada. Trouxonos unha madalenas de chocolate riquísimas, que sorte temos!!!
E graciñas polas madalenas! 😋
Parabéns, Carmela!
E graciñas polas madalenas! 😋
![]() |
| Mmmm |
sábado, 17 de febreiro de 2018
Oh Susana! De principio a fin :-)
Grazas a Nuria, a nai de Christian, podemos compartir o vídeo do baile completo, para non perder detalle 😜
Tremenda actuación, bailador@s!
xoves, 15 de febreiro de 2018
Aniversario de Adrián
Hoxe celebramos o aniversario de Adrián, que xa é un mozo de 8 anos! Trouxonos un biscoito de chocolate e unha filloas recheas de chocolate. Todo estaba de lamber os dedos, e iso mesmo fixemos, os dedos e case, case a bandexa do biscoito. Iso despois de cantarlle, soprar a vela e turrarlle un pouquiño das orellas :-)
Parabéns, Adrián!
e moitas grazas polos doces. 😋
![]() |
| Parabéns para ti.... |
![]() |
| A por ela! |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




































