sábado, 7 de abril de 2018
María Canosa
Este é o tríptico que a BBS elaborou para preparar o encontro con María Canosa e que traballamos na clase esta semana.
The sword and the stone
O mércores fomos ao teatro. Vimos unha obra en inglés, que contaba a lenda do rei Artur e a espada Excalibur. Pediron voluntarios para colaborar coa compañía de teatro e saíron Lucas de 4º e o noso Adrián 😍. Tan ben o fixeron que case, case lles ofrecen un contrato!
Traballamos sobre o cine
Este é o libro que nos serviu de punto de partida para traballar sobre o cine:
El mundo del cine forma parte de La Gran Biblioteca de Las Tres Mellizas e ten un conto ambientado na época que se inventou o cine e tamén moita información sobre esa época e como apareceron as primeiras películas, proxectores e sesións de cine. Este libro está na BBS, gustounos moito, recomendámovolo.
E esta a exposición no noso corredor cos carteis orixinais:
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
cine,
proxectos
venres, 6 de abril de 2018
Os inicios do cine
Ao longo do 2º trimestre nas clases de Valores Sociais e Cívicos estivemos traballando nun proxecto sobre os inicios do cine. Vimos algunhas das primeiras películas que se fixeron no século XIX e comezos do XX, traballamos cun libro das Tres Mellizas sobre o cine, preparamos unha exposición con toda a información e ao final fixemos unha presentación escaneando os nosos carteis e escribindo algúns textos no ordenador.
Este foi o resultado:
Esta semana presentamos o noso traballo aos compañeiros e compañeiras do cole na biblioteca. Viñeron en tres grupos, así que tivemos que repetir a presentación tres veces. A primeira vez estabamos algo nerviosos/as, porque era a primeira vez que falabamos para os maiores presentando un traballo, pero pouco a pouco fomos collendo confianza 😉
Etiquetas:
BBS,
cine,
proxectos,
Valores Sociais e Cívicos
Peixes
Branquias, aletas, escamas, ollos, corazón, estómago intestinos, vexiga natatoria.... O mércores á tarde puidemos ver e tocar as diferentes partes dos peixes, porque non hai mellor xeito de entender as cousas novas que véndoas.
Unha dourada, dous xurelos, dous bocartes e luvas para tod@s, para que non dera noxo remexer, porque diso se trataba, de ver e tocar.- Somos como científicos!- dixo Noela.
Claro que si!
Etiquetas:
animais,
experimentamos,
naturais,
peixes
mércores, 4 de abril de 2018
Mochila Viaxeira para Gael
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Mochilas Viaxeiras
O día que choveu do revés
Nunca tan ben nos cadrou unha historia co que estaba a pasar mentres a liamos. O día que choveu do revés de María Canosa é o libro que estamos a ler neste momento na clase, e parece que foi escrito pensando na chuvia que leva a caer nas últimas semanas. Así que mans á obra, estamos a ler, a aprender sobre vocabulario a chuvia, a experimentar co ciclo da auga... E a agardar con gans pola visita de María Canosa á nosa biblioteca.
Etiquetas:
itinerarios lectores,
lecturas,
lemos
luns, 2 de abril de 2018
Os libros fan grande o máis pequeno
martes, 27 de marzo de 2018
Despedímonos de Carmela
Carmela, a profe que estivo con nós durante case dous meses, non volverá despois da Pascua, ten que continuar cos seus estudos en Santiago, así que a despedida do trimestre tamén foi a nosa despedida dela, un ata logo, porque xa sabe que pode voltar cando queira 😊
Graciñas, Carmela por todo o que compartiches con nós nestas semanas! 😘😘
Graciñas, Carmela por todo o que compartiches con nós nestas semanas! 😘😘
Xogos de xeometría
O venres, despedimos o trimestre cun circuíto de xogos de xeometría na biblioteca: sudoku, escornabots, xeoplano e tangram. Para poñer a proba o moito que aprendemos nestes meses 😉
![]() |
| Xeoplano |
![]() |
| Tangram |
![]() |
| Sudoku xeométrico |
![]() |
| Escornabots figuras xeométricas |
![]() |
| Escornabots liñas |
Etiquetas:
Escornabots,
Matemáticas,
xeometría,
xogos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







































