luns, 30 de abril de 2018
Xornal BBS 14
Aínda que xa o tedes nas vosas casas desde o venres, para que o poidades ver tamén en cor.
Grazas, padriños e madriñas!
Despois do ben que nos trataron os padriños e madriñas lectores na tarde do mércores 25, tiñamos que darlle as grazas. E iso fixemos! Preparamos postais, tan chulas coma as que eles nos deron e o venres fómosllas levar ás clases 😊
![]() |
| GRAZAS! |
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
creamos,
Día do Libro
Apadriñamento e amadriñamento lector
A Biblioteca Brea Segade xa publicou os vídeos do apadriñamento e amadriñamento do mércores pasado. Mirade que chulada!
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Día do Libro,
lecturas
domingo, 29 de abril de 2018
Presentadores
Aquí tedes aos presentadores dos actos do Mes dos Libros o pasado 25 de abril na Biblioteca Brea Segade. Uns profesionais!
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Día do Libro
sábado, 28 de abril de 2018
Non leas!
Mensaxe do poeta Fran Alonso para as bibliotecas escolares no Día do Libro 2018. Interpretándoo na celebración do Mes dos Libros na Biblioteca Brea Segade o 25 de abril.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Día do Libro,
lemos
luns, 23 de abril de 2018
No Día do Libro
Hoxe, no Día do Libro, levamos para casa os nosos paraugas de impresión 3D inspirados en O día que choveu do revés de María Canosa. O mesmo que fixemos co paraugas que lle demos a María, decorámolos ao noso gusto.
Etiquetas:
creamos,
impresión 3D,
itinerarios lectores,
lemos
A saída a Pontevedra en banda deseñada
Estivemos preparando resumes en banda deseñada sobre a nosa saída a Pontevedra para visitar o Salón do Libro e o Museo. Cada un de nós escolleu o que máis lle gustou do día e plasmouno en forma de cómic.

Etiquetas:
banda deseñada,
creamos,
saídas,
Salón do libro de Pontevedra
Nuria e Christian nos contacontos da BBS
Hoxe Christian e a súa nai, Nuria, estiveron contando un conto nos recreos lectores da BBS. Entrade na páxina da biblio para ver como foi.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
contos,
Día do Libro,
lemos
domingo, 22 de abril de 2018
¿Quién sabe liberar a un dragón?
Comezamos unha nova lectura en común, un novo titulo do itinerario lector de 2º. ¿Quién sabe liberar a un dragón? de Paloma Sánchez Ibarzábal, publicado na colección El Barco de Vapor da editorial SM.
Aquí tedes un pequeno adianto do que estamos a ler. En 2º xa hai 15 voluntari@s para liberar ao dragón. 😉
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
itinerarios lectores,
lecturas,
lemos
Os libros da titiriteira
Este venres tivemos unha visita especial na nosa biblioteca, unha titiriteira cuns libros moi grandes e moi pesados que cobraban vida. Entrade no blogue da biblioteca para ver a reportaxe completa.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
contacontos,
contos,
teatro,
títeres
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)































