domingo, 24 de xuño de 2018

Adeus, Segundo!

Rematamos Segundo! 
Canto vivimos, aprendemos e gozamos xunt@s nestes dez meses!
Agora toca descansar e aproveitar o verán a tope. 
Boas vacacións!


Lembrade que podedes pasar pola biblioteca a buscar as 




Obradoiros fin de curso

Comezamos a mañá do último día do curso con obradoiros e xogos. Despois da merenda chegou o tempo das despedidas, dos compañeiros e compañeiras de sexto, que para o curso que vén xa non estarán con nós e de nós mesmos, que rematamos 2º. 😃
Carrilana, badminton, maquillaxe, goma eva, pixel art, brochetas de froita, karaoke, pintura... Que ben o pasamos!












Na festa da auga

Na nosa última tarde do curso tivemos a festa da auga, que xa é unha tradición no fin de curso do Brea Segade. 10 equipos, 10 capachos con auga, vasos, pistolas, pulverizadores, churros de auga... tod@s contra tod@s e moitas ganas de mollarse e pasalo ben. 

Así rematamos!
Nenas de 1º e 2º

sábado, 16 de xuño de 2018

martes, 12 de xuño de 2018

Aniversario de Hugo

Hugo tamén pasou a ser un mangallón de 8 anos! E claro, celebrámolo na clase, que iso ben que nos gusta! 😄
Cantámoslle, turrámoslle das orellas e comemos unha torta de queixo deliciosa que trouxo para compartir. 

PARABÉNS, HUGO!

e moitas grazas pola torta, riquísima! 


Parabéeeens!


xoves, 31 de maio de 2018

Medindo

Andamos a voltas con quilos, gramos, litros, centilitros e mililitros.





sábado, 19 de maio de 2018

No festival das Letras Galegas

Caracol, cantiga imprescindible na música infantil galega, un poema de Manuel María musicado por Suso Vaamonde, foi o temazo que 2º interpretou no Festival das Letras Galegas do Brea Segade. Contaron coa axuda dos nenos e nenas de 3º nas voces. Foi impresionante! Sodes uns artistaz@s!









A verdade é que todo o festival das Letras Galegas foi incrible. Tremendos atistas temos no cole! Podedes ver imaxes de todos os cursos no festival no blog da biblioteca.

Mochila Viaxeira para Diego

Despois de moito agardar e coincidindo na semana do seu aniversario, Diego, por fin levou a Mochila Viaxeira! 😃
El pon fin ás viaxes da mochila en 2º, así que a ten que aproveitar a máximo.

Boas lecturas, Diego!


martes, 15 de maio de 2018

Aniversario de Diego

Hoxe é o aniversario de Diego. Outro mozo de 8 anos!!
Celebrámolo na clase como máis nos gusta, cunha torta de chocolate e nata riquísima, apagando  a vela dos oito anos, cantándolle e dándolle uns parabéns enormes.

Parabéns, Diego! 
Graciñas por esa deliciosa torta 😋






E como ten que ser... da torta non quedou nada, nadiña, nada.
 

luns, 14 de maio de 2018

Contacontos no Auditorio de Rianxo: Mª Victoria Moreno

Este luns estivemos no Auditorio de Rianxo, nunha sesión de contos sobre a obra de Mª Victoria Moreno, a escritora homenaxeada este ano nas Letras Galegas.
Seguimos descubrindo pouco a pouco a súa vida e a súa obra; que mellor xeito que facelo coa axuda dunha contadora que enfiou varias das historias máis coñecidas de María Victoria Moreno.
Para saber máis sobre este espectáculo entrade no blogue da biblioteca.