domingo, 23 de decembro de 2018

Boas vacacións de Nadal!

Rematamos o primeiro trimestre! Estamos content@s: moito aprendido, moito compartido, moitas risas, xogos, música, algún desgusto, algún enfado... Temos un merecido descanso, días para estar en familia e repoñer forzas para comezar o 2019 co moitas ganas de seguir aprendendo e divertíndonos.  

Boas vacacións! 
 Bo Nadal!

O Sistema Solar

Así de impresionante quedou o mural que fixeron Noela, Diego, Laura e Hugo na pizarra do corredor con xiz de cores. Foi na mañá do venres, no tempo de xogo que tivemos ao rematar o festival. Eles decidiron pintar fóra con xiz e cando nos demos conta... Mirade que marabilla!





Artistaz@s!

Tempo de acivros, tempo de libros

Non deixedes de consultar as propostas das bibliotecas de Rianxo para pedir libros como agasallo neste Nadal.

Tempo de acivros, tempo de libros

http://bibliobreasegade.blogspot.com/2018/12/tempo-de-acivros-tempo-de-libros-2018.html

Xornal BBS 16

Novo número do Xornal BBS. Aínda que xa tedes unha copia na casa podedes entrar no blog da biblio para velo.

http://bibliobreasegade.blogspot.com/2018/12/xornal-bbs-16.html



Mochila Viaxeira para Breixo

Boas lecturas de Nadal, Breixo!

Diplomas polos obradoiros

Esta semana a Biblioteca Brea Segade entregounos a cada un de nós un diploma 3D pola nosa "extraordinaria participación" nos obradoiros do 1º trimestre. Viva!



Aniversario de Laura

Agora si! Xa tod@s cumpristes anos. Laura, a máis pequena da clase, xa é unha moza de 8 anos! Celebrámolo cunha torta impresionante, cantando e turrándolle das orellas; para non perder as tradicións 😉

PARABÉNS, LAURA!




Mmmmm!

Graciñas pola torta

Libriño e Hugo con Manuel Antonio

Hugo tivo a Mochila Viaxeira de 3º na casa nas dúas últimas semanas do trimestre. Xa sabedes que este ano Libriño está a visitar diferentes lugares do noso concello e vos pide que descubrades a onde foi. Hugo resolveu o reto de Libriño, aquí o tedes na foto que o proba.
Ben feito, Hugo!



mércores, 19 de decembro de 2018

O Apalpador no cole

Hoxe visitounos o Apalpador, acompañado de gaiteiros! 
Na clase estamos traballando sobre el cuns materiais que nos enviaron do Concello. Para seguir descubrindo máis cousas sobre o Apalpador e o Courel podemos visitar a súa páxina: O Apalpador





sábado, 15 de decembro de 2018

A casa da mosca chosca

Este mércores tivemos unha sorpresa na Hora de Ler. Á volta do recreo a nosa clase estaba convertida nun pequeno teatro e un grupo de rapazas e un rapaz de 6º representaron para nós A casa da mosca chosca. Eran axudantes da BBS dentro do programa Lecturas compartidas.  Encantounos! Aínda máis cando vimos o que tiñan para nós ao final do conto. 😋








O pastel era de verdade!

E convidáronnos a comelo!
 Grazas: Julia, Gabi, Carlota, Paula, Uxía Lojo, Uxía Lorenzo e Marta. 😍