venres, 2 de febreiro de 2018

Día da Paz e a non violencia

O martes 30 pola tarde conmemoramos no cole o Día escolar pola Paz e non Violencia. Ao longo do mes de xaneiro fomos traballando nas clases sobre a resolución pacífica dos conflitos no mundo e tamén entre nós. Expuxemos o froito do noso traballo na entrada do centro e como acto central, no día 30,  cantamos tod@s xunt@s Apertas que voan de Paco Nogueiras, eleboramos unha árbore de pombas e escoitamos aos compañeir@s de 6º contarnos Aiko de Ánxeles Ferrer.









O mundo que queremos






Por un Mundo de Paz e Non violencia

Ningún comentario:

Publicar un comentario