xoves, 8 de febreiro de 2018

2º, Territorio vaqueiro

E seguimos ambientando a nosa clase e decorando a porta. Hoxe tocoulle por dentro 😀








Mochila Viaxeira para Lois

A Mochila Viaxeira de 2º pasará o Entroido con Lois 😃

Boas lecturas, Lois!


luns, 5 de febreiro de 2018

Novo mandado do Toribio

Se o martes queres vir, un gran bigote debes lucir. E as pencas, claro!     

2º, Territorio Comanche

Así nos atopamos a porta da clase hoxe ao chegar... Entramos no Lonxano Oeste.

O Entroido move o corpo

O noso tema favorito de Entroido!

Do Brinca Vai de Paco Nogueiras.

venres, 2 de febreiro de 2018

Xa chegou o Toribio!

E con el, como cada ano, chega o Entroido! Este ano temos unha "Toribia cinematográfica".Recoñecédela?

Luns, xa sabedes...

"Para a túa cara decorar unhas pencas debes pintar"

Mans á agulla!











Día da Paz e a non violencia

O martes 30 pola tarde conmemoramos no cole o Día escolar pola Paz e non Violencia. Ao longo do mes de xaneiro fomos traballando nas clases sobre a resolución pacífica dos conflitos no mundo e tamén entre nós. Expuxemos o froito do noso traballo na entrada do centro e como acto central, no día 30,  cantamos tod@s xunt@s Apertas que voan de Paco Nogueiras, eleboramos unha árbore de pombas e escoitamos aos compañeir@s de 6º contarnos Aiko de Ánxeles Ferrer.









O mundo que queremos






Por un Mundo de Paz e Non violencia

Feito!

Levounos case un mes e iso que houbo quen ao velo dixo:
- Só cen pezas? 😆




domingo, 28 de xaneiro de 2018

Día da Paz: O homiño de papel

O homiño de papel é a lectura coa que estamos a preparar a nosa participación nos actos do Día da Paz no colexio. Hai seis anos xa, un grupo de rapaces e rapazas do Brea Segade tamén traballaron sobre este libro, que forma parte dos itinerarios lectores da BBS, e elaboraron esta montaxe. Como vedes O homiño de papel non pasa de moda nin perde relevancia co paso dos anos.