venres, 23 de novembro de 2018
Mochila Viaxeira para Nerea
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
familias,
lecturas,
Mochilas Viaxeiras
Rianxo en negro
Esta semana traballamos na escola sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia sobre a Muller, que se celebra o 25 de novembro, e sobre a campaña Rianxo en Negro organizada polo Concello de Rianxo para mostrar que queremos ser un municipio libre de violencias machistas. Lemos contos, falamos, elaboramos carteis, aprendemos unha canción, creamos montaxes en Stop Motion...
Hoxe foi o acto central da campaña Rianxo en negro nos centros educativos do municipio. Non puidemos xuntarnos porque chovía, así que cada colexio realizou algunhas actividades no propio centro. No Brea Segade ademais de cantar Voarei, da peli Brave, decoramos a entrada do colexio con carteis contra a violencia machista e mans brancas e lilas polos dereitos das mulleres.
Etiquetas:
non violencia,
Rianxo en Negro
O microscopio de Sara
A Sara polo seu aniversario regaláronlle un microscopio! Quixo ensinárnolo e trouxoo esta semana á escola. Como mola!
![]() |
Grazas, Sara! |
Un tren cargado de misterios

Veremos que o que pasa. 😉
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
itinerarios lectores,
itinerarios lectores 3º,
lecturas,
lemos
domingo, 11 de novembro de 2018
Libriño e Lois con Brea Segade
Lois resolveu o reto que Libriño propuxo nas Mochilas Viaxeiras da primeira viaxe. Aquí o tedes na foto coa solución, Xosé Mª Brea Segade no Paseo Marítimo. Moi ben, Lois!
A ver se en 3º solucionamos todos os retos de Libriño este curso.
Etiquetas:
BBS,
familias,
lecturas,
Libriño,
Mochilas Viaxeiras
Puppets
O Samaín deixou algúns personaxes moi característicos na aula de Plástica da Sección Bilingüe: skeletons, vampires, ghosts, pumpkins... Mirade que logrados!
Etiquetas:
creamos,
inglés,
sección bilingüe
mércores, 7 de novembro de 2018
Magosto
Hoxe saíu o sol para que puideramos celebrar o magosto! 👏👏👏👏
Despois da Hora de Ler fomos visitar a plantación de castiñeiros e carballos que hai uns anos fixeran en Campo Maneiro nenos e nenas do noso colexio coa Comunidade de Montes e o Concello. Hai pouco o colectivo Fousas ao Monte limpou esa zona e vimos como medraron as árbores nestes anos.
![]() |
O Brea Segade no Campo Maneiro |

E de volta ao colexio xogos no patio e papar as castañas, claro! 😃
Comercio xusto
Este mércores as clases de 3º e 4º participamos nunha actividade do Programa Cores do Instituto Galego do Consumo e da Competencia sobre Comercio Xusto. Forma parte das actividades que estamos a realizar este curso dentro do proxecto sobre Alimentación e Ecoloxía.
Explicáronnos en que consiste o comercio xusto, que problemas teñen os produtores/as, que non sempre reciben o que merecen polo seu traballo e tamén como o medio ambiente se ve afectado polo consumismo e por como se están a fabricar os produtos que mercamos. Para que todo isto fora máis doado de entender, fixemos un xogo por equipos no que eramos empresas de diferentes países do mundo e tiñamos que "fabricar" marcapáxinas. Vimos como non todos os países teñen os mesmos recursos. Foi moi interesante!
Etiquetas:
alimentación,
consumo responsable,
ecoloxía
sábado, 3 de novembro de 2018
Delicioso Samaín!
Etiquetas:
alimentación,
alimentos,
celebracións,
consumo responsable,
Samaín
xoves, 1 de novembro de 2018
É tempo de Samaín
É tempo de cabazas, sustos, personaxes de medo, risas e moita diversión. Este venres será o día grande de Samaín no cole. Que ganas!
Etiquetas:
celebracións,
cultura tradicional,
Samaín,
tradicións
Aniversario de Sara
O último día de outubro é a noite de Samaín, pero sobre todo é... o aniversario de Sara!!!
PARABENS, SARA!
Celebrámolo na clase cunhas madalenas de chocolate deliciosas e super bonitas que Sara trouxo para todos nós. E, por suposto, cantándolle e turrándolle oito veces das orellas; hai que mater as tradicións 😉
Grazas polas madalenas, Sara! Que ricas estaban!
![]() |
Oooooh! |
Unha noite no hipermercado
Esta semana fomos os encargados de inaugurar os contacontos dos recreos da BBS. Fixémolo cunha pequena dramatización dun texto que traballaramos na clase en Lingua Galega e que ten moito que ver co tema do proxecto da biblioteca deste curso, a alimentación.
Anunciamos o conto na entrada:
Os encargados desta semana foron polas clases convidando a vir escoitarnos e xa no recreo...
![]() |
Bravo! |
Etiquetas:
alimentación,
BBS,
consumo responsable,
contacontos,
lemos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)